Empate nun día de contratempos

1 de Novembro de 2017
O lanzamento de falta de Mon entrou pola escadra. Foto: Amadeo Rey.
O lanzamento de falta de Mon entrou pola escadra. Foto: Amadeo Rey.
  • Mon marcou un gran tanto de falta.

  • Róber, Alberto Freire e Primo acabaron o partido tocados.

Santiago de Compostela, a 1 de Novembro de 2017.

Novo punto para seguir pelexando na  parte alta, nun choque con moitas lesións. A SD Compostela, nun partido no que dominou de principio a fin, levou só un punto ante un insistente Alondras, no que se notou moito a entrada de Mauro na segunda metade e no que os paróns nesta parte polas lesións, marcaron moito.

Na primeira parte do choque, na que fixemos un fútbol espectacular, Mon adiantaría aos nosos, pero o propio Mauro sería o encargado de igualar o choque nos últimos minutos do mesmo.

Entre semana, como ante o Somozas, chegou o tempo das rotacións. O Compos saltou ao campo do Morrazo con cinco caras novas, unha delas, Alberto Freire, que entrou a última hora pola lesión de Róber no quecemento, pero coa mesma premisa de todos os partidos de visitante: solidez defensiva e velocidade arriba.

Así, moi seguros atrás, o Compos comezou o encontro xerando as primeiras ocasións de perigo. No minuto nove, Tomás remataba de cabeza no segundo pau un córner botado por Mon e o balón saía rozando o traveseiro.

O dominio era total e a pesar de que o equipo non conseguía culminar as contras perigosas que tiña, acabou por anotar nunha xogada a balón parado. Desde a frontal, Mon poñía o balón na escadra da portería de Hortal. O lanzamento coa zurda foi perfecto, imparable para calquera porteiro.

Co tanto, o Compos tiña o que merecía, aínda que antes do descanso puido chegar o empate nunha xogada tamén de falta. Iván Pérez pegáballe forte e raso desde o pico da área e o balón, tras ser rozado por un defensa, golpeaba na parte exterior do poste.

Á saída dos vestiarios, ambos os conxuntos saíron máis tranquilos e iso derivou nun encontro con máis control e menos perigo nas áreas. Ademais, as lesións de Alberto Freire e Primo, que foron substituídos por Santi e Diego Rey, arrefriaron aínda máis o choque.

O primeiro achegamento chegaría case no minuto 70, cando Santi recibía en profundidade e deixaba o pase da morte atrás, pero non chegou Sobrido e despexou a defensa.

Por contra, os locais, no seu primeiro achegamento da segunda metade, anotaría o empate. Tras xogada por banda esquerda, Mauro recibía no punto de penalti e colocaba o balón preto do poste da portería de Lorenzo, quen non puido facer nada por evitar o empate.

O propio Mauro tería o segundo no desconto, despois dunha gran xogada individual, pero o seu tiro desde a frontal saía rozando o pau da portería.

Esta segunda oportunidade do revulsivo local sería a última do encontro, xa que no resto do engadido non se viron máis achegamentos. Morría así un encontro no que o Alondras soubo aproveitar a súa opción para igualar a contenda. Mentres, o Compos leva un punto dun campo complicado, co cal segue nos postos altos. Con todo, haberá que analizar a peaxe desta viaxe, xa que Róber, Alberto e Primo acabaron o encontro tocados.

FICHA TÉCNICA:

1- Alondras CF: Hortal, Jesús (Mauro, m.56), Aram, Agujetas, Varo; Abel (Pablo Salgueiro, m.73), Champi (Michael m.84); Pardavila, Iván Pérez, Álex Rey; e Gabri.

1- SD Compostela: Lorenzo; Saro, Álvaro Casas, David Uña, Naveira; Ube (Samu, m.79), Mon; Sobrido, Alberto Freire (Santi, m.59), Tomás; e Primo (Diego Rey, m.64).

Goles: 0-1: Mon, min.29; 1-1: Mauro, min.81.

Árbitro: Pereira Ferreiro, colexio lucense. Amoestou a Gabri, Iván Pérez, Aram e Mauro, polos locais; Alberto Freire, David Uña, Tomás e Samu, polos visitantes.

Incidencias: Partido da décimo terceira xornada de liga de Terceira División disputado no campo de Fútbol do Morrazo ante 500 espectadores, boa parte deles chegados desde Santiago.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.