Repetir experiencia

31 de Outubro de 2017
Primo quere marcar coma no partido entre semana contra o Somozas. Foto: Amadeo Rey.
Primo quere marcar coma no partido entre semana contra o Somozas. Foto: Amadeo Rey.
  • Rubén e Cardeñosa, por sanción, e Álex Ares e Sergio Pereira, tocados, son baixa.

  • O partido do curso pasado acabou con vitoria visitante por 2-4.

  • Na anterior semana de tres partidos, o Compos sumou 7 puntos.

Santiago de Compostela, a 31 de Outubro de 2017.

A Terceira División non para. Por segunda semana no mes, os conxuntos terán que xogar tres encontros en tan só sete días. Tras o empate ante o Arousa, os branquiazuis baixarán ao sur para enfrontarse a un Alondras que camiña con paso firme na liga.

No enfrontamento, o Compos terá que adaptarse a un campo de herba artificial, o do Morrazo, aínda que a vitoria do curso pasado axuda a ter mellor sensacións. Ademais, os sete puntos logrados na anterior semana frenética levan ao equipo a tentar igualar eses algarismos.

Esta circunstancia de tantos partidos seguidos non gusta moito no corpo técnico santiagués, xa que “temos os xogadores que temos, non nos dedicamos ao 100% a isto, é un enorme desgaste e non tes tempo para preparar os encontros”. Aínda así, o técnico tamén asegura que é bonito porque “os xogadores se senten como profesionais”, os cales asinarían “cos ollos pechados” os sete puntos da semana anterior.

Ademais do cansazo físico, o equipo terá que superar as catro baixas que ten. Rubén e Cardeñosa están sancionados, mentres que Álex Ares, cun proceso vírico, e Sergio Pereira, que onte sentiu molestias, tampouco poderán disputar ningún minuto.

Os dezaseis restantes terán enfronte a un conxunto “moi intenso na súa casa, que mantivo a moitos xogadores do ano pasado e que fichou xente de nivel, con pasado no Compos, como son Iván Pérez ou Jesús Varela”, explica Yago Iglesias.

En canto ao campo, a pesar de ser de herba sintética, o técnico confesa que é “un campo moi bo” e o curso anterior xa se lle deu moi ben. O tempo tamén pode xogar ao noso favor, xa que “se chove o suficiente, estará máis rápido e é mellor para nós”.

Con todo, os resultados lonxe de San Lázaro están a funcionar e isto xera optimismo nun plantel que busca superar un novo reto e igualar a dobre experiencia: a da semana frenética anterior e o resultado do partido do ano pasado.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.