Goleada para recuperar o liderado provisional

18 de Novembro de 2017
Cabezazo de Uña para asinar o cuarto gol dun encontro patrocinado por Segundo Rey. Foto: Amadeo Rey.
Cabezazo de Uña para asinar o cuarto gol dun encontro patrocinado por Segundo Rey. Foto: Amadeo Rey.
  • Saro, Santi, por dúas veces, Álex Ares e David Uña foron os goleadores.

  • Primeiro partido en San Lázaro que o Compos termina coa portería a cero.

  • Santi Gegunde anotou un dos goles da tempada.

Santiago de Compostela, ao 18 de novembro de 2017.

Xogar o sábado volveu sentar ben ao Compos. Os xogadores branquiazuis dominaron de principio a fin un partido que levaron por 5-0. O novo líder provisional da categoría mostrou o seu mellor cara e xa tiña sentenciado o encontro na primeira metade.

Saro, Santi, cun golazo desde o centro do campo, e Álex Ares foron os goleadores na primeira metade, mentres que na segunda anotarían David Uña e de novo Santi pecharían o resultado final, no primeiro partido en San Lázaro no que o Compos acaba coa portería a cero.

Coa tónica habitual, o Compos saltou ao campo de San Lázaro, o seu fortín, a dominar o partido coa pelota. Desde o minuto un quixo levar a posesión de balón e ante un Negreira que se encerrou atrás foi unha tarefa máis sinxela.

Así, coa posesión, empezaron a chegar as primeiras aproximacións. Por exemplo, nunha volea de Tomás, o balón non entrou porque rebotou nun Santi que estaba tirado no chan tras un golpe, pero non sería ata o minuto 20 cando veriamos o primeira da tarde. Tras unha longa posesión, Álex Ares conectaba con Primo na frontal, este virábase e cedía para a entrada de Saro, quen cun forte disparo que golpeaba nun defensa anotaba o primeiro.

O segundo, sete minutos máis tarde, deixaría a todos coa boca aberta. Santi Gegunde inventábase un disparo desde o centro do campo que entraba na portería. Tras roubo de Tomás, o punta probou o lanzamento e, a pesar de que Rodri tocouna nunha primeira instancia, o balón excedeu a liña.

E o arreón goleador pechouse co terceiro, obra de Álex Ares. O mediapunta probou un lanzamento potente de lonxe que sorprendeu a Rodri co bote. Era a sentenza na primeira metade. Con todo, aínda puido caer algún tanto máis nos primeiros 45 minutos, pero non houbo acerto na definición. A máis clara sería para Mon, quen tras unha preciosa parede con Tomás mandaba o balón rozando a escadra.

Á volta dos vestiarios a tónica seguiría e deste xeito chegarían outros dous goles máis nos primeiros instantes. O cuarto foi obra de David Uña, rematando un córner, botado por Tomás, no punto de penalti. Mentres que o quinto anotaríao Santi Gegunde tras outro centro de Tomás. O dianteiro controlouna só na área e definiu perfectamente coa súa perna esquerda.

Cos cambios de ambos os conxuntos, o partido perdeu forza e ambos tranquilizaron o xogo. Aínda así, Róber, cun disparo coa súa perna dereita que tapou Rodri, Rubén, con dous tiros que se foron rozando o traveseiro, e Sobrido, cun chute cruzado que saíu rozando o poste, puideron anotar o sexto.

Tamén tería o Negreira dúas claras, pero primeiro Iván e despois Juan atoparían cos postes de San Lázaro, cando tentaban marcar o gol da honra.

Con estas ocasións pechouse un encontro que devolve ao Compos á primeira posición da clasificación. Un triunfo de mérito que fixo gozar ao público congregado en San Lázaro e carga de moral aos nosos para encarar a recta final da primeira volta. A próximo fin de semana tocará xogar contra o Villalonga.

FICHA TÉCNICA:

5- SD Compostela: Lucas; Saro (Sergio Pereira, m.61), Álvaro Casas, David Uña, Naveira; Tomás, Mon; Álex Ares (Róber, m.57), Santi (Sobrido, m.61), Rubén; e Primo.

0- SD Negreira: Rodri; Sergio, Rendo, Rubén, Juan Diego; Cea (Adan, m.46), Miguel; Pancho (Álex, m.66), Juan, Quintairos (Astray, m.59); e Iván González.

Goles: 1-0: Saro, min.20; 2-0: Santi, min.27; 3-0: Álex Ares, min.31; 4-0: David Uña, min.48; 5-0: Santi, min.57.

Árbitro: Calvelo Iglesias, colexio santiagués. Amonestou a Álex Ares, polo Compos, e a Sergio, polos visitantes.

Incidencias: Partido da décimo sexta xornada de liga da Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 750 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.