A SD Compostela presenta a campaña de abonos para a tempada 18/19

13 de Xullo de 2018
De esquerda a dereita: Fuco Torrente, Xose María Rodríguez, Javier Puñal, Álvaro Casas e Marcos Andrade na presentación no Estadio de San Lázaro.
De esquerda a dereita: Fuco Torrente, Xose María Rodríguez, Javier Puñal, Álvaro Casas e Marcos Andrade na presentación no Estadio de San Lázaro.
  • O lema seguirá sendo #PeregrinandoCaraUnSoño, obxectivo do proxecto branquiazul

  • Este curso haberá grandes novidades como o prezo, as novas divisións ou a reserva de asento

  • A venda empeza o luns e os 100 primeiros abonados recibirán gratis unha bufanda do equipo, xentileza de Mahou

Santiago de Compostela, a 13 de Xullo de 2018.

A SD Compostela presentou esta mañá a súa campaña de abonados para a tempada 18/19. Baixo o lema “Peregrinando Cara Un Soño”, obxectivo final do proxecto branquiazul, o club arrincará o luns a venda duns abonos nos que precisa máis que nunca a toda a cidade e comarca, logrando unha unión que xa se mostrou no último mes e medio de campaña e que desexan que continúe na vindeira.

Para este ano, a campaña trae múltiples novidades, con maiores facilidades para os seguidores, novos tramos por idades, a posibilidade da reserva de asento e o agasallo para os 100 primeiros en inscribirse, xentileza de Mahou. Con todo, mantense a posibilidade de domiciliar o pago en dúas quendas e os descontos nunha vintena de locais de Santiago e comarca.

O acto de presentación realizouse na Sala de Trofeos do club, onde estiveron presentes Javier Puñal, director de marketing do club, e catro abonados que representaban ás diferentes divisións dos abonos. Álvaro Casas, xogador do primeiro equipo marcaba aos menores de 25 anos e estudantes da USC; Marcos Andrade, futbolista da base, aos menores de idade; Fuco Torrente, aos xubilados e parados de longa duración; e Xosé María Rodríguez, á sección xeral.

Os prezos, que se manterán ata o próximo 30 de setembro, divídense en catro tramos, todos eles para a bancada de Tribuna de San Lázaro:

– Xeral: 90 €

– Xubilados e parados de longa duración: 75 €

– USC e sub25: 60 €

– Menores de idade: Gratis

A maiores, como novidade para esta edición, os abonados poden reservar un asento na bancada, o cal levará inscrito o seu nome no mesmo. Para iso, os que renoven o seu abono deberán pagar 5 €, mentres que as novas altas serán 10 €.

Como en cursos pasados, o club resérvase a opción de poñer dous días do club, no que pagarán todas as persoas que entren ao Estadio de San Lázaro, e o prezo non inclúe calquera posible eliminatoria da Copa do Rey.

Declaracións

O director de marketing da SD Compostela explicou que a campaña non se comezou antes debido que ata última hora non se soubo en que categoría saía o club. “Pido perdón pola tardanza, pero sacala adiante require unha loxística e por iso a sacamos agora”, comentou.

Seguindo o lema, animou á xente para peregrinar cara a un soño co proxecto. “Traballamos cun proxecto, no que camiñamos cara o profesionalismo da man duns xogadores da casa, que xa coñecemos, e cos que buscaremos ir dando pasos cara ese soño final”, explicou.

Por último, agradeceu a Mahou o convenio de colaboración polo cal, os 100 primeiros abonados levarán unha bufanda do club, e animou a toda a xente de cidade e comarca a que se embarque neste proxecto. “Precisamos de moitos poucos, os abonados, porque é a medida de fidelización e arraigo do club na cidade, necesitamos aos novos, renovarnos”, concluíu.

Pola súa banda, os diferentes abonados deron o seu punto de vista sobre unha campaña que consideran moi positiva, sobre todo, para captar a esa xente máis nova, que será un pulmón para o futuro da entidade.

Fuco Torrente dixo que os prezos son moi baixos, en comparación con outros equipos como o Racing de Ferrol. Ademais, destacou a fórmula de que os menores de idade se lle regale o abono, porque é a forma de enganchalos, e tamén o feito de que o proxecto se sustente en xogadores de Santiago e comarca, xa que iso leva máis xente ao campo.

Nese mesmo senso, Xose María Rodríguez destacou que no último mes e media da tempada pasada, “percibimos que o sentimento do Compostela esta aí e como novidade, vimos no campo, por primeira vez, a moitos rapaces novos, e por iso é unha gran medida ese prezo especial para os menores de 25, para universitarios, un sector complicado de enganchar sempre, e a gratuidade para os rapaces”, argumentou. A maiores, animou a que proben a experiencia do Compostela, porque é algo que engancha.

Álvaro Casas, tamén en palabra do equipo, agradeceu a todos os que viñeron durante o ano e tamén os do playoff. “Se podemos enganchar a 400 ou 500 novas persoas das que asistiron á fase daranos un gran plus. O día do Terrassa ou do Salmantino, con diferente final, non se me esquecerán na vida”, resaltou. Así, anima á xente a que se abone, sobre se todo poden vir os nenos e nenas, mellor, e cre que con esta medida e cuns prezos moi razoables como estes, pódese lograr.

Por último, Marcos Andrade, como menor de idade, está encantado con que poida conseguir o abono de forma gratuíta e destacou un punto moi importante. “Moitos amigos meus pedíanme entradas de balde para o playoff e agora xa poderán telas sen ter que pedirmas, é unha boa medida para enganchalos”, concluíu.

Abonos 18-19-001

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 🩵🤍🙌 OS NOSOS para mañá!👉 Escoruela é baixa por sanción⚽️ Volve Casas, xa recuperado; e Juampa trala sanción. Citado Brais, da @cantpicheleira 💪 12.00 🆚 Real Avilés Industrial C.F. (🏟 Vero Boquete)#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
Hoxe temos de aniversario ao noso asturiano 👉 Jaime Santos 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Jaime! Oxalá celebralo cunha vitoria mañá sobre o verde! Que veñan acompañados de moitos éxitos! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎟️ Entre as iniciativas realizadas para o partidazo contra o Real Avilés Industrial C.F., da man do noso patrocinador Galicia Calidade, repartimos invitacións a todos os clubs conveniados da Canteira Picheleira🩵🤍 Precisamos o apoio de todos para acadar unha vitoria decisiva#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Jaime Santos🗣️ Na PREVIA tamén falou o xogador asturiano, quen destacou a confianza do equipo e analizou ao rival#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA do técnico compostelanista antes do partidazo decisivo deste domingo, ás 12.00 no Vero Boquete, ante o Real Avilés Industrial C.F. ⚽️ O técnico só se centra en conseguir o triunfo o domingo#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.