O Compostela leva o III Memorial Antonio Bermúdez

31 de Outubro de 2018
O equipo coa copa de campións do Memorial. Foto: Amadeo Rey.
O equipo coa copa de campións do Memorial. Foto: Amadeo Rey.
  • O conxunto santiagués gana por primeira vez o trofeo nunha noite para o recordo

Santiago de Compostela, a 31 de outubro de 2018.

A Sociedade Deportiva Compostela xa ten nas súas vitrinas o Memorial Antonio Bermúdez. O conxunto branquiazul, a pesar de enfrontarse a un Pontevedra de superior categoría, fixo valer a presenza en San Lázaro para superar aos granates por 1-0, mercé a un tanto de Brais Abelenda ao comezo do segundo tempo.

A terceira entrega do Memorial Antonio Bermúdez serviu para lembrar, nun duelo entre dous históricos, a figura do gran xornalista santiagués. A cita en San Lázaro deixou un bonito recordo no que ambos os conxuntos aproveitaron para sacar a xogadores das súas canteiras. O Compostela aproveitou para facer debutar a tres xogadores que levan adestrando desde o inicio do ano: Andrés López e Torrente, do xuvenil A, e a Pedro Leis, da Zona Vella.

Na primeira parte, o duelo contou con escaso protagonismo da parte dianteira ante dous conxuntos ben asentados en defensas. A máis clara para o cadro local foi un golpeo de Marcos Remeseiro que se foi ao traveseiro, despois de que Miki chegase ao man a man e cedésea atrás. Mentres, para o Pontevedra, Javi Pazos tentouno por varias veces, pero en todas atopouse a Anxo Pérez.

Na segunda parte, con todo o once modificado, os locais imprimíronlle unha marcha máis e froito diso chegou o primeiro tanto do partido, xerado tras un roubo de Aythami na frontal da área. O canario encarou ao porteiro e deulle o pase da morte para Brais Abelenda quen, tras sentar a Rubén, fusilou o esférico ao fondo da rede.

Puido caer o segundo antes de finalizar o choque, pero Rubén salvou aos seus. Primeiro, sacou a córner o punterazo de Brais Abelenda; despois, interceptou dous man a man con Aythami e Samu; e no 74, sacou un pé espectacular para evitar o gol de Ube.

A vantaxe mantívose ata o final e os branquiazuis puideron saborear, por primeira vez, a vitoria na súa memorial. Que mellor recordo para Antonio Bermúdez que ver o trofeo do seu memorial na sala de trofeos de San Lázaro, onde sempre estará presente.

FICHA TÉCNICA:

1- SD Compostela: Anxo Pérez; Saro, Piscu, Pedro Leis, Naveira; Ube, Marcos Remeseiro; Miki, Josiño, Andrés López; e Santi. Tamén xogaron: Álvaro Casas, Samu, Sergio Pereira, Brais Abelenda, Torrente e Álex Ares.

0- Pontevedra CF: Rubén; Josiño, Juan, David Castro, Nacho Lorenzo; Jesús, Iñaki; Javi López, Antón, Pibe; e Javi Pazos. Tamén xogaron: Carlos, Anxo, Fer Fraga, Tavares, Guille, Pastoriza, Rivera e Pedro Rodrigues.

Goles: 1-0: Brais Abelenda, min.54.

Incidencias: Partido do III Memorial Antonio Bermúdez disputado no Estadio Municipal de San Lázaro ante 400 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio na memoria Antonio Bermúdez, xornalista homenaxeado, entregóuselle un ramo de flores á súa familia e os seus netos realizaron o saque de honra. No descanso, tamén se homenaxeou a José Fidalgo, antigo xerente do club, entregándolles unha camiseta asinada por todos os xogadores e o libro da entidade á súa familia.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎟️ Entre as iniciativas realizadas para o partidazo contra o Real Avilés Industrial C.F., da man do noso patrocinador Galicia Calidade, repartimos invitacións a todos os clubs conveniados da Canteira Picheleira🩵🤍 Precisamos o apoio de todos para acadar unha vitoria decisiva#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Jaime Santos🗣️ Na PREVIA tamén falou o xogador asturiano, quen destacou a confianza do equipo e analizou ao rival#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA do técnico compostelanista antes do partidazo decisivo deste domingo, ás 12.00 no Vero Boquete, ante o Real Avilés Industrial C.F. ⚽️ O técnico só se centra en conseguir o triunfo o domingo#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario o noso gran ©️, Álvaro Casas 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Álvaro! Que veñan acompañados de moitos éxitos e celebralos xuntos sobre o verde! 🙌📸 Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌 RECORDA cada ABONADO maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN no Punto de Información do Centro Comercial As Cancelas ata o SÁBADO (ℹ️ Horario: 10.30-21.00)🩵🤍 Van xa máis de 200 INVITACIÓNS entregadas!!!💪 O domingo, gañamos entre todos!!!#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.