Os xuvenís volven sorrir cun dobrete

12 de Marzo de 2019

Resultados-12-Marzo

  • Cadete A, Benxamín A, Prebenxamín B e Biberón manteñen os seus liderados con triunfos

Santiago de Compostela, a 11 de Marzo de 2019.

Sete vitorias completaron unha boa fin de semana para as categorías inferiores da SD Compostela. A xornada deixou a volta á boa senda dos xuvenís, cun dobrete na matinal do sábado, así como os triunfos do Cadete A, Benxamín A, Prebenxamín B e Biberón para manter os seus liderados nas súas competicións.

En primeiro lugar, o Zona Vella sumou un punto na súa visita ao Vilatuxe, nun encontro no que dominou o xogo e tivo numerosas ocasións, pero esta vez a pelota non quixo entrar.

En xuvenís, o Xuvenil A volveu vencer, tras varias semanas sen fortuna, ao superar 0-1 ao Escola Estrada. Un gol de Yago Torrente, no 71, foi suficiente para que os nosos sumasen tres puntos que os afianzan na quinta praza. Pola súa banda, o Xuvenil B tamén logrou un valioso triunfo tras gañar 2-1 ao Sálvora. Esta vez, os minutos finais non foron fatídicos, xa que tralo tanto de Marcos Andrade, igualado polos visitantes, a balanza decantouse no 81 co gol de penalti de Pablo Barreiro.

Mentres tanto, o Cadete A segue coa súa xeira inmaculada. Os branquiazuis seguen sumando vitoria tras vitoria, só empataron un encontro no que vai de tempada, e achéganse un pouco máis ao ascenso. Esta vez, venceron 1-2 ao Ulla Pontecesures, nun duelo no que lles tocou remar ao contraxeito. Os locais adiantáronse no marcador no 24, pero os nosos remontaron coas dianas de Iker Carril e Anxo Ferro, este último no desconto. Por contra, o Cadete B perdeu contra o Conxo, segundo na súa liga, por 0-2. Un tanto ao comezo e outro nos últimos instantes decidiron o choque.

Tampouco tivo o seu mellor día o Infantil A, que caeu pola mínima, 1-0, contra o Arzúa. Tentárono ata o final, pero non foron capaces de igualar o gol local. E o Infantil B, igualmente, perdeu 2-0 contra o Cruces.

En fútbol 8, os equipos que marchan na cabeza seguen con paso firme. O Alevín A igualou no liderado do seu playoff, malia que cun encontro máis, despois de gañar 0-3 ao ED Santiago.

O Benxamín A segue firme de primeiro tras gañar ao La Salle, resultado que contrasta coa derrota pola mínima do Benxamín B contra o Burgo das Nacións. O Prebenxamín B tamén amplía a súa vantaxe no primeiro posto tras gañar ao ED Santiago, segundo clasificado, e o Biberón fixo o propio tras superar ao Cacheiras.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎟️ ENTRADAS 🆚 Cantera - Real Racing Club 🚨👉 Para garantizar a túa presenza nas Instalacións Nando Yosu debes reservar a entrada en Santiago 👇1⃣ Envía un mail cos teus datos a sdcompostela@sdcompostela.com2⃣ Efectúa o pago nas Oficinas antes do venres ás 15.00⚠️ Esta é a única vía posible para garantizar a túa entrada, debido aos problemas de aforo das Instalacións Nando Yosu🎫 Contamos cun total de 40 entradasℹ️ As oficinas abrirán mañá e pasado, das 9.00 ás 15.00 horas#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
O partido decisivo! Só vale gañar! Imos con todo a polo playoff! 🩵🤍🆚 Cantera - Real Racing Club🗓️ 05.05.24⏰ 12.00🏟️ Instalaciones Nando Yosu#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Comeza a semana decisiva! Volta hoxe ao traballo co obxectivo de conseguir a vitoria contra o Real Racing Club - Rayo Cantabria! 💪 Imos a por todas! #rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ As verbas do técnico branquiazul trala vitoria acadada no Vero Boquete contra o Real Avilés Industrial C.F. #composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 🩵🤍3️⃣-1️⃣Real Avilés Industrial C.F.⚽️ Pep Caballé | David Grande | Samu👐 PARTIDAZO DOS NOSOS!!! GRAN VITORIA PARA PELEXAR POR TODO NA ÚLTIMA XORNADA!!!🩵🤍 GRAZAS A TODOS POLO VOSO APOIO#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.