Melide acollerá o I Campus Compos no mes de xullo

13 de Maio de 2019
María Jesús López, concelleira de Melide, Javier Puñal, director de marketing do club, e Diego Segade, coordinador do Campus.
María Jesús López, concelleira de Melide, Javier Puñal, director de marketing do club, e Diego Segade, coordinador do Campus.
  • Terá lugar nas instalacións municipais do Cire do 1 ao 5 e poderán participar ata 80 nenas e nenos

Santiago, a 13 de Maio de 2019.

A Sociedade Deportiva Compostela colaborará co Concello de Melide para celebrar na vila o I Campus Compos, para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 18 anos e que terá lugar o vindeiro mes de xullo entre os días 1 e 5, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Cun límite de 80 prazas, a inscrición está aberta ata o próximo 18 de xuño, a través do teléfono 650 90 09 85 (Diego Segade) ou no correo electrónico sdcompostela@sdcompostela.com.

Esta trátase dunha iniciativa que pretende dar a coñecer, progresar e perfeccionar aspectos técnicos e tácticos do fútbol, tanto individuais como colectivos, baseándose nunha actividade lúdica e recreativa. Entre outros dos moitos obxetivos deste Campus tamén se quere fomentar as posibilidades educativas do fútbol con actividades complementarias ou promover os valores coma a amizade, autoestima, tolerancia, solidariedade, igualdade, respecto e xogo limpo.

O prezo do Campus para os cinco días vai desde o xeral, a 120 euros, aos 70€ para xogadores da canteira do Compos e do Cire Melide. Ademais, aos abonados ou fillos de abonados sairalles a 105€ e aos irmáns de inscritos a 75€.

Esta pasada semana, María Jesús López, concelleira do Concello de Melide mantivo unha xuntanza de traballo para ultimar detalles con Javier Puñal, director de marketing e desenvolvemento de negocio do club, e Diego Segade, coordinador deste campus.

No transcurso desta, Puñal agradeceu a amabilidade amosada polo goberno municipal na dispoñibilidade das instalacións para que este evento poida levarse a cabo en Melide, así como un especial fincapé no coordinador da iniciativa na vila melidense, Diego Segade, quen “é adestrador do Compos e tamén do Cire, polo que coñece en primeira persoa a nenos das diferentes categorías e é sabedor das técnicas necesarias para inculcar valores no deporte e ao mesmo tempo favorecer a aprendizaxe dos participantes”.

O I Campus Compos conta coa colaboración do Concello de Melide, de Jim Sports, coa súa marca Softee, que agasallará unha equipación completa a cada neno ou nena participante, e patrocinadores locais como Ribeirao, García y Sánchez e Leonardo Miguélez.

Cartel A3 Campus de Melide_page-0001

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🔚 Non puido serO Compos caeu na última xornada, na súa visita a @racingcantera, quedando sen posibilidades de playoff 👉 Os nosos terminan a liga en séptimo lugar con 47 puntos 📸 @jtphotograpy ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🔚 FINALCantera - Real Racing Club 3️⃣-1️⃣COMPOS 💛🖤#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸Cantera - Real Racing Club 0️⃣-1️⃣COMPOS 💛🖤Samu 👉 Por diante un Compos que tivo as mellores opcións nesta primeira metade#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 💛🖤📸 jtphotograpy#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 | Antón Permuy 💛🖤⚽️ ONCE do COMPOS🆚 Cantera - Real Racing Club ⌚️ 12.00🏟 Nando Yosu#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.