O Cadete A e o Infantil B suman senllos dobretes para empezar

16 de Setembro de 2019

Resultados-15-Setembro

  • Os primeiros lideran a liga galega e os segundos a segunda autonómica

Santiago de Compostela, a 16 de Setembro de 2019.

A segunda xornada de competición para os equipos da base da SD Compostela mantivo a traxectoria perfecta de dous deles, o Cadete A, na liga Galega, e o Infantil B, na Segunda Autonómica. Tamén mantén a imbatibilidade o filial, que empatou na súa primeira saída do campionato, e o Xuvenil B, logrando ademais o seu primeiro triunfo.

En primeiro lugar, o SD Compostela-Zona Vella non puido sumar o seis de seis, a pesar de que dominou por completo ao seu rival, o Villestro, durante os 90 minutos. O encontro acabou con igualada (2-2), despois de que os locais empatasen no desconto. Pablo Costa e Bruno Pouso puxeron aos branquiazuis por diante no primeiro tempo, pero a vantaxe foi neutralizada, malia que na última xogada do partido, os nosos tiveron a vitoria nun remate franco que se escapou por pouco.

Peor sorte correu o Xuvenil A, quen caeu por 2-1 contra o Racing de Ferrol “B”, nun duelo no que acusou as baixas. David Quintas anotou por segunda cita consecutiva, pero os departamentais déronlle a volta ao luminoso no segundo acto.

Pola súa banda, o Xuvenil B logrou a primeira vitoria ao superar ao Xuventú Aguiño por 3-2, co que suma xa catro puntos. Ismael Beade e Agustín Pintos, este último cun dobrete, puxeron ata por tres veces por diante aos nosos canteiráns, que acabaron por supoñer o triunfo final.

De tres en tres e coa portería inmaculada, así se resume a estrea do Cadete A na liga Galega. Trala vitoria na estrea, os branquiazuis volveron levar a gloria na súa visita ao Imperator coruñés, conxunto ao que superaron por 0-2. Pablo Granja e Hugo Pérez, un en cada metade, selaron as seis unidades para os nosos.

Seguindo esta mesma tónica, o Infantil B tamén logrou ese arranque ideal, logo de vencer por 0-7 ao Racing San Lorenzo. Alejandro Prado, Diego Iglesias e Dani Varela anotaron tres dobretes, culminando a goleada final Iker Torres. Con este resultados, marchan no alto da táboa, xunto a outros catro conxuntos.

Por último, o Alevín A, no seu debut ligueiro, non gozou de tanta fortuna como os seus compañeiros, caendo derrotado contra o Villestro, por 5-2.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.