Seguen carburando os equipos de fútbol 11

4 de Novembro de 2019
Resultados 3 Novembro 1
  • O Filial achégase ao liderado, mentres que os de Liga Galega seguen en posicións de privilexio

Santiago de Compostela, a 4 de Novembro de 2019.

Os equipos de fútbol 11 da base da SD Compostela seguen carburando. Os mozos xogadores branquiazuis, nunha xornada reducida polo festivo, volveron a mostrar unha gran imaxe, pechando a fin de semana con catro triunfos, un empate e tan só unha derrota. Deles, dous, o Xuvenil A e o Infantil B, continúan como líderes, outro, o Cadete A, en posición de ascenso directo e outro, o Filial, achegouse ao liderado coa súa terceira vitoria seguida.

En primeiro lugar, o Zona Vella-SD Compostela seguiu coa súa xeira de resultados nesta serie de derbis ligueiros, alcanzando o terceiro triunfo consecutivo. Os branquiazuis, que ascenden á cuarta posición da clasificación, a tan só dous puntos do primeiro, superaron por 2-1 ao Peleteiro. O duelo en Santa Isabel decidiuse na primeira metade, na que chegaron as dianas. Primeiro, no 12, marcou o pichichi Bruno Pouso, que xa leva nove goles na Liga, despois igualaron os visitantes, pero no 44, Alberto Fernández devolveu a vantaxe ao marcador, ao cabo, o definitivo.

Na liga Galega, o Xuvenil A logrou un importante empate como visitante que, a pesar de romper coa dinámica de vitorias, sérvelle para seguir no máis alto da clasificación con dous puntos de vantaxe sobre o segundo. Os nosos igualaron 2-2 contra o Calasanz B, quinto clasificado, despois de remontar os dous tantos de vantaxe adquiridos polos locais nos primeiros cincuenta minutos de xogo. Un dobrete de Manuel Rivas, no 51 e 64, serviulles aos branquiazuis para sumar un punto.

Pola súa banda, o Xuvenil B volveu á senda da vitoria tras superar, como local, ao EFM Concello de Boiro por 4-1. Os nosos canteiráns avanzan postos na táboa despois de golear grazas a un dobrete de Agustín Pintos e aos tantos de Sergio García e Hugo Martínez.

Tamén na Coruña, e contra o mesmo rival, o Calasanz B, o Cadete A mostrou o seu enorme poderío na categoría, superando aos coruñeses por 0-3. A pesar de ser un debutante, está a demostrar unha gran aclimatación á categoría, sustentado, sobre todo, na súa fiabilidade defensiva. As dianas de Hugo Pérez, Sergio Martínez e Pablo Granja, todas na segunda metade, serviron para que os nosos sigan de segundos, praza de ascenso directo, a tres puntos do Deportivo B, pero con cinco de vantaxe xa sobre os seus perseguidores.

Por último, unha de cal e outra de area. O Infantil A caeu pola mínima, 1-2, ante o líder, o EFM Concello de Boiro. Lois Lortes, co seu tanto, igualou a contenda no minuto 63, pero os visitantes volveron poñerse por diante instantes máis tarde. E no outro lado da balanza, a novena vitoria, en nove partidos, do Infantil B, primeiro clasificado e intratable ata a data. Esta vez, os branquiazuis superaron ao Dubra por 2-0 con goles, na primeira metade, de Giovanny Gallo e Daniel Ouro.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.