Medio día do club no partido contra o Arosa SC

20 de Novembro de 2019
Cartel Redes SD Compostela vs Arosa SC 1
  • Os abonados pagarán 5€ e a entrada xeral será a 10€ ata o 29 de novembro

Santiago de Compostela, a 20 de Novembro de 2019.

O próximo encontro de liga no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, que enfrontará á SD Compostela contra o Arosa SC, o domingo 1 de decembro ás 17.00 horas, será “Medio Día do Club”.

Por tanto, para acceder a este clásico do fútbol galego, os abonados do Compos terán que pagar 5€, sendo obrigatorio que presenten na porta de acceso, o día de partido, o seu abono xunto coa entrada. Para comprar a entrada, poden facelo nas oficinas ou no despacho de billetes, o propio domingo 1.

Os abonados menores de idade non terán que pagar, polo que accederán igual que sempre, mostrando o seu abono no acceso ao Estadio.

Pola súa banda, a entrada xeral custará 10€ ata o venres 29 de novembro (incluído), mentres que o día de partido, na billeteira, o seu prezo será de 15€. Para comprala antes desa data, habilítanse as oficinas do club, no seu horario habitual (de luns a venres de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00) e a plataforma de venda online da nosa páxina web (https://sdcompostela.acyti.com/).

Igualmente, os menores de idade entrarán gratis ao partido, previa retirada dunha invitación.

Afeccionados de Vilagarcía

Para que poidan aproveitar as vantaxes da compra anticipada, a SD Compostela enviou un lote de entradas, cun prezo de 10€, ás oficinas do Arosa SC. Alí, os afeccionados locais poderán adquirilas ata o mesmo venres 29 de novembro. Os menores de idade, do mesmo xeito, só terán que retirar unha invitación gratuíta no despacho de billetes o día de partido.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

33 minutes ago

SD Compostela
🎟️ ENTRADAS 🆚 Cantera - Real Racing Club 🚨👉 Para garantizar a túa presenza nas Instalacións Nando Yosu debes reservar a entrada en Santiago 👇1⃣ Envía un mail cos teus datos a sdcompostela@sdcompostela.com2⃣ Efectúa o pago nas Oficinas antes do venres ás 15.00⚠️ Esta é a única vía posible para garantizar a túa entrada, debido aos problemas de aforo das Instalacións Nando Yosu🎫 Contamos cun total de 40 entradasℹ️ As oficinas abrirán mañá e pasado, das 9.00 ás 15.00 horas#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
O partido decisivo! Só vale gañar! Imos con todo a polo playoff! 🩵🤍🆚 Cantera - Real Racing Club🗓️ 05.05.24⏰ 12.00🏟️ Instalaciones Nando Yosu#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Comeza a semana decisiva! Volta hoxe ao traballo co obxectivo de conseguir a vitoria contra o Real Racing Club - Rayo Cantabria! 💪 Imos a por todas! #rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ As verbas do técnico branquiazul trala vitoria acadada no Vero Boquete contra o Real Avilés Industrial C.F. #composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 🩵🤍3️⃣-1️⃣Real Avilés Industrial C.F.⚽️ Pep Caballé | David Grande | Samu👐 PARTIDAZO DOS NOSOS!!! GRAN VITORIA PARA PELEXAR POR TODO NA ÚLTIMA XORNADA!!!🩵🤍 GRAZAS A TODOS POLO VOSO APOIO#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.