Empate que deixa todo igual no alto

5 de Xaneiro de 2020
Celebración Gol Brais Abelenda vs Ourense CF 1
Celebración do gol de Brais Abelenda na primeira metade. Foto: Brais Fernández
  • Un tanto no desconto do Ourense evitou a vitoria branquiazul no Couto

Santiago de Compostela, a 5 de xaneiro de 2020.

Un cabezazo no período de prolongación da segunda metade evitou a primeira vitoria do ano para o líder do grupo 1 da Terceira División. A SD Compostela, nun encontro doutra categoría, igualou 2-2 contra o Ourense CF, deixando a clasificación como estaba, cun punto de diferenza entre primeiro e segundo. Os nosos rozaron o triunfo, pero manteñen o seu posto no máis alto despois de pasar por un campo moi complicado.

Ata por dúas ocasións se adiantaron os branquiazuis no Couto. Primeiro marcou Hugo Sanmartín, no 5, e posteriormente o pichichi Brais Abelenda, no 39, pero en ambas ocasións, e tras xogadas a balón parado, Cassio equilibrou a balanza.

Sen complexos e sen medo. Así saltou o Compos ao Estadio do Couto para medirse, no primeiro partido do 2020, ao seu inmediato perseguidor. Coa confianza da gran primeira parte do ano, os branquiazuis saíron a por todas no partidazo vivido neste día de Reis. Coas ideas claras, e o plan de xogo habitual, os nosos non agardaron nin cinco minutos para adiantarse no marcador.

Aproveitando unha contra, tras saque de esquina rival, os santiagueses fixeron o máis difícil, poñerse por diante ante o Ourense. Miki recolleu o esférico na banda, púxoa en profundidade para Pablo Antas e este, tras chegar á altura da área, colocou un centro medido ao segundo pau para que Hugo Sanmartín empalase, de volea, ao fondo da rede. Foi todo un golpe encima da mesa e a primeira diana do mediapunta en liga como compostelanista.

Con todo, o equipo tiña claro que a tarefa sería moito máis complicada e os locais, nunha nova xogada de estratexia, igualaron. Esta vez, a acción desde a esquina si que lles saíu. Adri Castro peiteou no punto de penalti, salvou na liña Brais Abelenda, pero Cassio recolleu a pelota solta e fusilou á rede, acabando coa marca de imbatibilidade de Pato, que quedan en 797 minutos.

A pesar do tropezón, os branquiazuis seguiron fieis ao seu estilo e aínda que primeiro Brais Abelenda non puido aproveitar un esférico morto na área, minutos máis tarde acabaría mollando nunha xogada moi similar. Hugo Sanmartín púxoa para o pichichi branquiazul, quen non chegou, pero no intento de despexe dun defensor, o balón golpeou en Brais e coouse na rede, superando a Parra por encima.

Este tanto puña a vantaxe de novo no marcador antes do intermedio, e puido ser maior, pero Portela evitouno coa cabeza, salvando na liña un remate de Samu tras unha acción de córner.

Á volta dos vestiarios, os nosos saíron aínda mellor ao campo, avisando xa no segundo minuto, con outro golpeo de Samu, esta vez desde fóra da área, que salvou o porteiro cunha bonita palomita. O meta local, no papel de protagonista, volveu evitar, minutos máis tarde, un gol que semellaba cantado.

Despois do roubo no medio do campo, o Compos montou unha rápida transición que deixou a Miki ás costas da defensa, este puxo o servizo medido ao punto de penalti para Brais Abelenda, quen rematou de primeiras potente, xogada perfecta que con todo non acabaría en gol pola salvada de Parra. E no rexeite, de novo nos pés de Brais, o porteiro voou na liña e desde o chan para sacar por segunda vez consecutiva o intento do pichichi compostelanista.

Eran os mellores minutos visitantes, ante un Ourense que só atopaba como vías de escape as subidas por banda de Murilo e as accións de balón parado. Con todo, a pesar de que o devir dos minutos parecía presaxiar o triunfo branquiazul, este escapouse no tempo de alargue.

Tras un despexe con moi mala fortuna, o balón foise a córner, desde onde a puxo Renan ao segundo pau para que Cassio, saltando por encima de todos, igualase a contenda cun croque cruzado. Foi un xerro de auga fría, un tanto que, do mesmo xeito que pasou en Portonovo , evitou que os branquiazuis levasen a vitoria.

A pesar de todo, o marcador xa non se moveu, polo que o punto colleitado permite ao Compos seguir como antes das vacacións, líder e cun punto de vantaxe sobre o seu perseguidor. Por tanto, o campión de inverno decidirase na última xornada da primeira volta, na que os nosos volverán ao seu fortín para medirse a outro equipo da provincia, o Arenteiro.

FICHA TÉCNICA:

2- Ourense CF: Parra; Germán, Sergio Barcia, Portela, Manu Mariña (Rubén, m.81), Murilo (Pedro Delgado, m.89); Cassio, Renan, Pibe; Iker Revuelta (Martín Lamelas, m.61) e Adri Castro.

2- SD Compostela: Pato; Saro, Álvaro Casas, Soto, Jimmy; Samu, Baleato; Miki (Gabri Palmás, m.78), Pablo Antas, Hugo Sanmartín (Mon, m.85); e Brais Abelenda.

Goles: 0-1: Hugo Sanmartín, min.5; 1-1: Cassio, min.21; 1-2: Brais Abelenda, min.39; 2-2: Cassio, min.90+2.

Árbitro: Iglesias Melón (Vigo). Amoestou a Manu Mariña, polos locais; e a Jimmy, Miki, Pato e Samu, polo Compos.

Incidencias: Estadio do Couto (Ourense). Partido da décimo oitava xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado ante 1.500 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

40 minutes ago

SD Compostela
🔛 COMEZOUArosa SC 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.