Mon Vives e a SD Compostela separan os seus camiños

30 de Xaneiro de 2020
Marcha Mon Vives Twitter 1
  • A petición do xogador e de mutuo acordo, o capitán branquiazul deixa o Compos despois de oito tempadas

Santiago de Compostela, a 30 de Xaneiro de 2020.

Mon Vives González e a SD Compostela sepáranse despois dun longo e bonito camiño de oito tempadas. A petición do xogador, e de mutuo acordo co club, o capitán rescinde o contrato que o vinculaba á nosa entidade, na que comezou en categorías inferiores. En todo este tempo, Mon mostrou as súas grandes calidades futbolísticas, un gran compromiso pola camiseta branquiazul e unha personalidade enorme para liderar, como capitán, o proxecto compostelanista.

Desde que chegou ao club, Mon gañouse o agarimo de todos. Afeccionados, compañeiros de equipo, adestradores, directivos e traballadores do Compos puidemos gozar dun gran futbolista, pero tamén dunha gran persoa. A súa forma de ser contaxiaba ao resto, como así se demostra no bo ambiente que imperou nos seus últimos anos como capitán.

Ademais, no que respecta a súa faceta futbolística, Mon disputou un total de 156 encontros co primeiro equipo, co que debutou en Segunda División B, que se suman aos disputados anteriormente na súa etapa xuvenil. En total, máis de once mil minutos nos que mostrou as súas grandes condicións como mediocentro, cun poderío físico envexable e habilidade para dominar a posesión do esférico. A maiores, tamén rendeu cando, por circunstancias, tivo que actuar no lateral esquerdo. A pesar da súa posición, pecha esta etapa con 13 goles anotados, algúns deles de moi bela factura, consecuencia da súa capacidade para executar as faltas.

Por todo iso, desde a SD Compostela só podemos ter palabras de agradecemento a todo o que logrou e realizou neste club. Queremos desexarlle tamén a maior das sortes para o seu futuro, tanto futbolístico como persoal, e lembrar que as nosas portas sempre estarán abertas para el, agardando que os nosos camiños se volvan a atopar no futuro. Moitas grazas e moita sorte, Mon!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.