Samu, Miki e Brais Abelenda superan unha nova rolda coa Selección Galega

12 de Febreiro de 2020
Alineación 1
Os nosos no once titular. Foto: Real Federación Galega de Fútbol.
  • Os extremos branquiazuis foron os asistentes dos dous primeiros goles galegos

Santiago de Compostela, a 12 de Febreiro de 2020.

A Selección Galega UEFA xa está clasificada para a Fase Final da Copa das Rexións e logrouno cun claro protagonismo dos tres xogadores da SD Compostela que estaban convocados. Os branquiazuis axudaron ao combinado dirixido por Iván Cancela a superar ao combinado de Euskadi e pasar así a unha Final Four que se disputará en Semana Santa.

Samu e Brais Abelenda, que repetían convocatoria trala súa participación na primeira fase, e Miki, que debutaba, viaxaron onte á Cidade Deportiva das Rozas co plantel autonómico para buscar o pase á rolda definitiva e, tras 90 minutos, conseguírono.

Os tres futbolistas branquiazuis saíron no once titular galego neste cruzamento decisivo, sendo moi protagonistas no devir do encontro. No primeiro tanto, ao cuarto de hora, Brais Abelenda puxo o balón ao espazo para a cabalgada de Miki Villar e o extremo de Nigrán serviu a asistencia atrás para que Adri Castro selase o primeiro gol da matinal.

Xa na segunda metade, e tras estar a piques de marcar o propio “lóstrego de Nigrán” o segundo, sería Brais Abelenda o que poñería o pase da morte para que Adri Castro asinase o seu dobrete particular e devolvese a vantaxe galega ao marcador. Ao final, o partido terminou con vitoria da Selección Galega por 2-3, despois duns últimos minutos nos que Miki, no 77, e Samu, no 84, foron substituídos polo técnico galego.

Co obxectivo conseguido, os nosos regresarán hoxe para terras galegas e poñeranse ás ordes de Yago Iglesias mañá mesmo para preparar o duelo deste próximo domingo contra o RC Deportivo Fabril.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.