A SD Compostela adestrará en grupo na segunda semana

13 de Xuño de 2020
Adestramento Grupo 1 1
  • Tras unha toma de contacto sen contratempos, os vinte e cinco xogadores están citados para o luns ás 10.00 horas

Santiago de Compostela, a 13 de Xuño de 2020.

A SD Compostela recupera, aos poucos, a normalidade. Tras unha toma de contacto cos adestramentos na que estiveron divididos en dous grupos, os vinte e cinco xogadores están citados para este luns ás 10.00 horas para levar a cabo a primeira sesión grupal desde o parón do confinamento.

Nos primeiros catro días sobre o céspede do San Lázaro II, os branquiazuis foron collendo sensacións co campo e co balón, un ritmo que se verá incrementado aínda máis nesta segunda semana. Afortunadamente, non houbo ningún contratempo físico, polo que todos poderán adestrar con normalidade.

Ademais de aumentar a carga das sesións, tamén se incrementará a súa cantidade. Así, os nosos adestrarán luns, martes, xoves, venres e sábado no campo anexo San Lázaro II. Nesta ocasión, as xornadas de descanso están organizadas para o mércores e o domingo.

Do mesmo xeito, xa con todos os integrantes ás ordes de Yago, o tempo dos adestramentos aumentará ata unha duración aproximada de hora e media, ao igual que o resto da tempada.

Baixo estas circunstancias, terá lugar unha nova semana de preparación para o playoff exprés, para o que restan trinta e catro días. Con ese obxectivo en mente, Pato, Álex Díaz, Iker Caballero, Saro, Sergio Pereira, Yosi, Álvaro Casas, Soto, Queiruga, Pedro Leis, Jimmy, Samu, Baleato, Pablo Antas, Diego López, Bicho, Josiño, Miki, Hugo Sanmartín, Gabri Palmás, Brais Abelenda, Antón Olveira, Manu Rivas, Primo e Christian volverán o luns á acción. 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.