“Ter a oportunidade de adestrar co Compos supón unha gran melloría a nivel futbolístico”

24 de Xuño de 2020
Christian Fernández Adestramento 1
Christian Fernández, á esquerda, durante un adestramento de preparación do playoff.
  • Christian, tras dous ascensos consecutivos na base, agarda lograr un terceiro co primeiro equipo

Santiago de Compostela, a 24 de Xuño de 2020.

No seu primeiro ano na categoría, Christian Fernández acadou o ascenso co Xuvenil A e sendo un dos máximos goleadores da Liga. Agora, o dianteiro, que leva adestrando todo o ano co primeiro equipo, agarda que a SD Compostela consiga gañar este playoff exprés. A nivel persoal, o poder participar, será unha oportunidade única e xéralle moita ilusión.

En primeiro lugar, como levas a volta aos adestramentos logo de varios meses parado?

Pois a verdade é que bastante ben, pensei que sería peor despois de tantos meses parado. O obxectivo agora é coller un bo ritmo o máis rápido posible.

Sendo xuvenil de primeiro ano e participando toda a tempada nos adestramentos do primeiro equipo, que supón para ti a posibilidade de estar presente nesta fase decisiva da tempada?

Persoalmente, suponme moita alegría e ilusión. Teño que dar as grazas ao corpo técnico porque sigan crendo en min e agradecerlles que queiran contar comigo nesta fase tan importante da tempada para seguir axudándolles.

Que che pide o corpo técnico?

A pesar de que nunca mantiven unha conversación con eles sobre iso, soamente polo que falei con Castiñeiras antes de ir adestrar con eles, que traballe, que me esforce e que o faga o mellor posible.

Consideras que ter a posibilidade de adestrar tódalas semanas co primeiro equipo che axuda a mellorar como futbolista?

Claro que si. Ter a oportunidade de adestrar cun equipo como é a SD Compostela, que loita polo ascenso a Segunda B cada ano, supón unha gran melloría a nivel futbolístico, xa que estás rodeado de xente que te apoia e que che intenta axudar a mellorar cada día.

En que xogadores do Compos intentas fixarte?

Pois, persoalmente, fíxome en todos os xogadores do plantel, porque de todos podes aprender cousas que che van a servir a ti para o futuro e para seguir crecendo como futbolista. A verdade é que intento fixarme algo máis nos xogadores de ataque, que é a posición onde xogo habitualmente.

Falando da túa posición, que destacarías de Primo e Brais Abelenda como dianteiros? Soñas con compartir terreo de xogo con eles para loitar polo ascenso?

Primo e Brais creo que son moi bos xogadores e os dous teñen moito gol. A verdade é que intento fixarme en todo o que fan no terreo de xogo, tanto ofensivamente como defensivamente, para seguir aprendendo e mellorando como futbolista.

Sería unha oportunidade única poder compartir terreo de xogo tanto con eles como co resto de compañeiros. Oxalá se poida dar esa oportunidade.

Cres que veremos ao Compos o ano que vén en Segunda B?

É unha forma de ascenso distinta debido á covid-19, a partido único e contra bos rivais, pero si que espero que se poida lograr ese ascenso que levan moitos anos loitando.

Logo de acadar o ascenso co Cadete A, no teu primeiro ano na categoría, tamén o acadas co Xuvenil A. Pódese dicir que tes duende para os ascensos?

Foron dous anos moi bos, nos que logrei dous ascensos consecutivos e oxalá se poida dicir que teña ese duende para os ascensos se así a SD Compostela o logra tamén este ano.

De cara a vindeira tempada, contas de ser a referencia en ataque do Xuvenil de Liga Nacional?

Está claro que van chegar bos xogadores ao equipo para intentar facer un bo ano. Aínda así, agardo ser a referencia en ataque do Xuvenil A e intentar axudar ao equipo o máximo posible en todo o que poida.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.