Borja Rey, primeira fichaxe para a tempada 20/21

2 de Xullo de 2020
Fichaje Borja ReyTwitter 1
  • O porteiro santiagués, de 21 anos, procede do Arenteiro e firma por dúas campañas

Santiago de Compostela, a 2 de Xullo de 2020.

O proxecto da SD Compostela para a tempada 2020/21 xa ten á súa primeira peza. O cadro branquiazul acaba de pechar a contratación do porteiro santiagués Borja Rey Ramos (20/01/1999) para os dous próximos cursos.

O gardameta de 21 anos, que procede do CD Arenteiro, equipo no que militou na última campaña, vén sumarse a un proxecto que desde os seus comezos apostou por xogadores da casa, novos e con moita proxección, unhas características que encaixan á perfección coa figura do novo arqueiro compostelanista.

A súa axilidade baixo os paus e a súa habilidade para sacar o balón xogado cos pés foron valorados pola dirección deportiva para fichalo por dous anos, independentemente da categoría na que se atope o equipo.

Na súa curta carreira deportiva como sénior, Borja disputou 31 partidos (2.700 minutos) coa SDC Ordes, en Rexional Preferente, na tempada 18/19; e outros catro co CD Arenteiro, en Terceira División, na 19/20. Xustamente, o parón, e posterior cancelación da competición ligueira, coincidiulle a Borja co seu momento de maior protagonismo no cadro ourensán, despois de disputar os últimos tres encontros ao completo. Deles, un acabou en vitoria e dous en empate, encaixando soamente dous tantos.

Anteriormente, en categorías inferiores, Borja destacou nos equipos punteiros da capital galega, o cal lle abriu as portas da base do RC Deportivo da Coruña. Logo dun ano de xuvenís na Coruña, o  picheleiro regresou á súa cidade para disputar os seus dous seguintes cursos no Santiago CF de División de Honra.

Así, a SD Compostela conta xa cun porteiro para o próximo curso, o que se agarda que sexa o do regreso á Segunda División B. Por iso, Borja, que comezará a adestrar co equipo cando arrinque a próxima pretempada, apoiará aos nosos, coma un seguidor branquiazul máis, durante a disputa do playoff exprés que se xogará en Balaídos.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.