Pato volve a Segunda B co Compos

3 de Agosto de 2020
Renovación Pato Guillén 1
  • O porteiro uruguaio, tras lograr o obxectivo, renovou por dúas tempadas

Santiago de Compostela, a 3 de Agosto de 2020.

Hai un ano, Patricio Guillén chegou á SD Compostela coa intención de devolver ao equipo á Segunda División B. Un ano despois, e co obxectivo logrado, o porteiro uruguaio renovou o seu compromiso coa entidade branquiazul por dúas tempadas. O club asegúrase así a continuidade dun gardameta cunha dilatada experiencia na división de bronce do fútbol nacional.

Con 129 partidos ás súas costas en Segunda B, Pato sacouse a espiña que tiña cravada co Compos, polo que non dubidou á hora de asinar a ampliación do seu contrato. Será o seu sétimo ano na terceira competición española e o seu segundo coa escuadra compostelanista nela.

Nesta segunda etapa no club, do mesmo xeito que na primeira, o arqueiro demostrou a súa gran axilidade e calidade baixo os paus, sendo peza chave para o equipo. Así, disputou os vinte e sete encontros de Liga e os dous do playoff de ascenso ao completo. Do mesmo xeito, nesta campaña, logrou un récord histórico do club, o de máis minutos sen encaixar un gol. A marca que pasou á historia da entidade quedou nos 798 minutos.

Coa súa continuidade, o Compos pecha a portería para a tempada do seu regreso á Segunda División B, debido a que Pato pelexará por un posto no once con Borja Rey, única fichaxe ata a data. Aos dous, súmanse tamén Álvaro Casas, Samu e Brais Abelenda, polo que xa son cinco os xogadores confirmados para o curso próximo.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.