Roberto Baleato, dous anos máis como branquiazul

4 de Agosto de 2020
Renovación Baleato 1
  • O mediocentro amplía a súa vinculación co club no seu regreso á Segunda B

Santiago de Compostela, a 4 de Agosto de 2020.

A tripleta de Val do Dubra seguirá en Segunda B coa SD Compostela. Despois das renovacións de Samu e Brais Abelenda, o último dos tres en chegar a casa Compos, Roberto Baleato, decidiu tamén ampliar a súa vinculación coa entidade branquiazul, no seu caso, por dúas tempadas.

Deste xeito, o mediocentro de Bembibre regresará a unha categoría coñecida, debido a que xa disputou nela tres campañas, enrolado nas filas da UD Somozas. En total, acumula 51 encontros na división de bronce, unha cifra que buscará engordar na capital galega.

Coa súa continuidade, o club asegúrase para o próximo curso a un xogador polivalente, xa que pode actuar como mediocentro ou central, con experiencia e cunha gran presenza física. Estas calidades xa quedaron patentes nos 28 encontros que disputou esta campaña ás ordes de Yago Iglesias, sendo un futbolista capital nas xogadas a balón parado. Para o recordo quedará o despexe de cabeza no último segundo da gran final do Playoff de ascenso.

Coa renovación de Baleato son xa seis os xogadores que están confirmados para a tempada do regreso á Segunda División B: Pato Guillén, Borja Rey, Álvaro Casas, Samu, Baleato e Brais Abelenda.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.