As Cancelas renova o acordo de colaboración coa SD Compostela

27 de Outubro de 2022
Posto-Venta-en-Cancelas-1
  • O centro comercial compostelán reforza o seu grao de implicación co deporte local e pon en marcha acciones conxuntas

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2022

O centro comercial As Cancelas e a SD Compostela renovaron o seu acordo de colaboración, para poñer en marcha iniciativas conxuntas durante a tempada 2022/2023.

O acordo de colaboración e promoción co club inclúe a presenza do centro comercial nos soportes publicitarios do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro e o desenvolvemento de distintas iniciativas para os afeccionados e clientes de As Cancelas, como o sorteo de camisetas oficiais e entradas para partidos, firmas de xogadores ou apoio en campañas para captación de abonados.

Así mesmo, ao longo de toda a tempada, levarán a cabo acciones específicas no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro e no centro comercial compostelán.

O acordo de colaboración de As Cancelas responde o esforzo e compromiso levado a cabo desde o centro comercial pola promoción e apoio do deporte local na cidade.

“Este ano renovamos o acordo de colaboración porque cremos que é o camiño a seguir. Unha forma de apoiar as diferentes entidades que conforman o escenario deportivo compostelán e que axuda ao desenvolvemento da cidade en numerosas vertentes”, explica Javier Nicolás Blanco, xerente de As Cancelas.

“E non só iso, son os valores que compartimos co Compos o que nos une e empuxa a levar a cabo este acordo: a implicación coa cidade e a súa promoción, o respecto ao esforzo, o traballo en equipo, o fomento do deporte en todas as idades e moitos aspectos máis”, agrega.

Este acordo de colaboración enmárcase no programa de responsabilidade social corporativa (RSC) ‘Aquí actuamos’, de As Cancelas. A través da posta en marcha de diferentes accións e proxectos, búscase mellorar o impacto do centro comercial ao redor de tres eixos: o dinamismo local, a conservación do medio ambiente e o compromiso social cos seus traballadores.

 

Acerca de As Cancelas. Con 50.000 m2 e 2.300 prazas de aparcamento gratuítas, As Cancelas é o centro comercial líder na área de Santiago de Compostela.

Copropiedade de Carmila e Realia, a oferta do centro distribúese en tres plantas nas que destacan as 8 salas de cinema de CINESA, un Hipermercado Carrefour, 15 locais de restauración e unha completa variedade de tendas de moda que agrupan os seus descontos e promocións a través da tarxeta de fidelización do centro.

As Cancelas é un espazo pensado para a comodidade do visitante, cunha oferta de lecer e cinemas que se mantén aberta de luns a domingo os 365 días do ano e que conta con aparcadoiro gratuíto tamén para bicicletas e motos, zona Wifi, despachos de billetes e sala de lactación. Sempre pensando nas familias, As Cancelas conta co Club de Celi, un club que aglutina todas as actividades infantís do centro, sempre gratuítas, e que conta xa con máis de 20.000 socios.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.