O Compos cae en Oviedo no noventa

3 de Setembro de 2022
Celebración Gol Darío vs Vetusta
Mario vs Vetusta
  • Os branquiazuis comezaron dominando no marcador, pero penalizaron quedar con dez

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2022

A SD Compostela estreouse na Segunda RFEF cunha derrota 2-1 contra o Real Oviedo Vetusta. Os nosos comezaron por diante no marcador, tiveron ocasións claras para ampliar a súa vantaxe, pero penalizaron a expulsión de Martín, perdendo no noventa.

Darío, tras unha gran pretempada, volveu marcar en liga, na súa estrea na categoría. Ese tanto á media hora permitiu ao Compos manexar o encontro. Con todo, xa na segunda metade, os locais empatarían de penalti, unha pena máxima que carrexou a vermella ao lateral esquerdo branquiazul. E xa no desconto, Sesé poñía a puntilla cun sensacional remate de cabeza.

Chegaba o Compos ao Requexón coa confianza de poder lograr os tres primeiros puntos da campaña. Regresando á defensa de catro e co canteirán Kike no once inicial, os nosos saíron convencidos do obxectivo. Ben plantados sobre o verde, mantiñan resgardada a súa portería e non dubidaban en mostrar o seu perigo cada vez que podían.

A primeira aproximación foi local, cun tiro desde a frontal e un centro perigoso que sacou ben Pato, pero rapidamente reaccionaron os compostelanistas, mercé a un balón ao espazo para Elliot, no que o canario buscou o pase ao segundo pau, pero ninguén apareceu por alí.

Non foi á primeira, pero si á segunda. Corría o minuto 29 cando un imperial Kike mandaba un balón longo cara ao desmarque de Darío, o punta santiagués encaraba no man a man contra Marco, orientábaa á súa destra e batía ao gardameta entre as pernas. Unha nova demostración do olfacto goleador da fichaxe compostelanista.

O gol sentou ben ao Compos, que pasou a dominar a contenda, aproveitando a solidez defensiva da parella formada por Kike e Casas. Así, antes do intermedio, no 39, Parapar controlouna na banda, escapouse do seu par, pero mandouna arriba coa dereita.

Á volta do descanso, os nosos partían coa mesma premisa de durmir o encontro, aínda que viron como o filial ovetense avisaba cun remate nun córner de Yayo.

En todo caso, a contenda estaba orientada cara á portería do Oviedo, mercé ás grandes triangulacións en ataque dos nosos. Tívoa Elliot, no 54, pero o seu golpeo desde a frontal, tras superar ao porteiro, estrelouse no pau; e tamén Parapar, no 60, cun disparo cruzado axustado, tras asistencia de Mario Rodríguez, que salvou Marco cunha sensacional estirada.

Con todo, cando todo parecía controlado, nunha transición, chegou a igualada local. Sesé escapouse pola banda e foi derrubado por Martín na área, decretando o colexiado penalti e expulsión, unha pena máxima que executou e anotou Álex Cardero, pese a que Pato tocou o esférico.

A pesar de xogar cun menos, os nosos mantíñanse ben posicionados e mesmo con capacidade para saír a campo rival co balón. Con todo, o peor chegaría no noventa, co segundo da tarde para o Vetusta. Un gran centro desde a esquerda rematábao Sesé de cabeza no segundo pau ao fondo da rede, 2-1.

Houbo seis minutos de desconto, tentárono os nosos, pero o marcador xa non se moveu e os tres puntos quedaron para o conxunto local. Toca levantar a cabeza para o Compos, seguir traballando e loitar novamente polos tres puntos, na casa, contra o Burgos Promesas.

FICHA TÉCNICA:

2- REAL OVIEDO VETUSTA: Marco; Javi Moreno, Lucas Laso (Charbel, m.84) Mangel, Osky; Yayo (Iván, m.86); Sesé, Álex Cardero, Víctor B. (M. Cuesta, m.84), Nacho (Izan, m.65); e Mario Puente (Enol, m.65).

1- SD COMPOSTELA: Pato; Roque, Kike, Álvaro Casas, Martín; Samu (Hugo Matos, m.81), Fer Beltrán; Parapar (Jordan, m.75), Elliot (Riki Mangana, m.75), Mario R.; e Darío (Allyson, m.81).

GOLES: 0-1: Darío, min.29; 1-1: Álex Cardero (p.), m.75; 2-1: Sesé, min.90.

Árbitro: Mazo Daruri (País Vasco). Expulsou a Martín (m.72) con vermella directa. Ademais, amoestou a Osky, Lucas Laso, Yayo e Izan, polo Vetusta; e a Mario R., Parapar, e Hugo Matos, polo Compos.

Incidencias: Cidade Deportiva El Requexón (Oviedo). Gran presenza de afeccionados compostelanistas na bancada. Antes do encontro gardouse un minuto de silencio.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.