Pablo Antas: “Queda moito camiño, estabamos ben e temos que seguir nesa liña”

4 de Xaneiro de 2023
Miguel Fernández, Segundo Rey, Pablo Antas e Ramón Castro
Segundo Rey e Pablo Antas
  • O mediocentro analizou o momento do equipo e como chegan ao primeiro partido do ano, que estará patrocinado por Segundo Rey

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2023

A SD Compostela xa está en marcha para o regreso da liga neste 2023. Os nosos mediranse este sábado, ás 17.00 horas, ao Rayo Cantabria e queren facelo cunha nova vitoria no Vero Boquete. Pablo Antas analizou esta mañá o momento do equipo tralas vacacións e o que agardan do partidazo. Fíxoo na sede de Segundo Rey, empresa que segue un ano máis apoiando o proxecto branquiazul, patrocinando ao mediocentro de Monterroso e tamén o encontro ante os cántabros.

Regreso tralas vacacións. Desconectamos uns días. Viñamos dunha dinámica boa, non queríamos parar, pero tampouco nos veu mal. Collemos folgos para o que queda, que é moito e con gañas de que chegue o sábado para volver a gañar.

Queda moito camiño. Insistimos en que hai que esquecer as vacacións, volver a empezar, que despois dun parón un pouco largo custa. Xa estamos mentalizados que é semana de liga, non pasou nin media volta, queda moito camiño, estabamos ben antes do parón e temos que seguir na liña de antes.

Dinámica do equipo. As sensacións as veces non van paralelas aos resultados, pero neste caso si. Comezamos con dúbidas, moita xente nova, moitas lesións, custou acoplarnos, distintos sistemas, pero agora atopamos con este 4-4-2 en rombo a chave para todos os xogadores que estamos aí. Atopábamos cómodos en calquera guión de partido, tanto cando temos que correr como cando nos toca levar o peso con balón. Creo que fomos de menos a máis, pero o ano pasado tamén fixemos unha primeira volta moi boa e despois a segunda foi moi mala, polo que hai que axustar, volver a empezar e apertar outra vez.

Fiabilidade atrás. Agora mesmo estamos sendo un equipo moi fiable, que concede moi pouco, pero antes tampouco concedíamos moito, aínda que si tiñamos un ou dous erros que nos costaban goles. Ao gañar e non encaixar, a confianza crece. É algo recíproco. Cando atacas ben e marcas, tes a seguridade de que se non encaixas estás máis preto de gañar.

Centrados no aspecto deportivo. O noso é a parcela deportiva, adestrar e intentar gañar a fin de semana. Estamos centrados no noso e en facer o noso traballo. Trasladáronnos dende o primeiro día, en primeiro termo aos capitáns e ao adestrador, o que fomos vendo este último mes. Comunicáronse primeiro con nós, polo que total tranquilidade e estamos nese eido tranquilos.

O Rayo Cantabria. Un filial típico, un só empate, cinco vitorias fóra da casa, só dúas derrotas e marcou en todos os partidos fóra da casa. A veces os filiais son ese tipo de equipo, que gaña ou perde, sen especular co resultado. Será un partido difícil, vinlle un par de partidos e teñen xogadores interesantes a nivel individual.

Calidades do rival. Non especulan. Marcaron en todos os partidos fóra da casa, o cal é chamativo. É complicado gañar fóra da casa, marcar en todos tamén, polo que teremos que estar moi atentos, sobre todo, nesas situacións de transicións, porque nestes equipos dinámicos, en campos tan grandes como San Lázaro, con eses perfís de xogadores, os contraataques poden ser perigosos.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.