Autobús gratis para abonados para apoiar ao Compos contra o Coruxo

1 de Marzo de 2023
Cartel coa información da viaxe en autobús para os seguidores da SD Compostela.
  • Súbete ao bus do Compos grazas ao apoio de cinco establecementos de hostalería: Ou’42, Ou Gato Negro, San Jaime, Sexto II e Ventosela
  • Sairá desde o Vero Boquete ás 10.00 horas e regresará ao finalizar o partido

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2023

Nova promoción para os abonad@s da SD Compostela: viaxa gratis a Vigo para apoiar aos nosos no derbi contra o Coruxo. O club pon ao dispor dos seguidores branquiazuis un autobús, que sairá desde o Estadio Verónica Boquete ás 10.00 horas e regresará ao finalizar o partido. Para inscribirse, faino na seguinte ligazón: https://bit.ly/SubeteBusCompos.

O desprazamento será gratuíto grazas ao apoio de cinco establecementos de hostalería de referencia da cidade, todos eles colaboradores do club: O’42, O Gato Negro, Restaurante San Jaime, Restaurante Sexto II e Ventosela.

Para reservar a túa praza no autobús tan só tes que cubrir os teus datos no formulario arriba indicado. Automaticamente asignaráseche un asento no autocar.

Poñerase ao dispor dos abonados un autobús de 55 prazas, por tanto, será imprescindible que os interesados na viaxe realicen a súa reserva canto antes. No caso de encherse este primeiro vehículo, valoraríase a opción de utilizar un segundo autocar, en función do número de reservas realizadas.

A viaxe non incluirá a entrada ao Estadio do Vao. Esta pódese adquirir por dous medios. A través da plataforma de venda de entradas https://coruxofc.acyti.com/ (hai que rexistrarse e seleccionar o partido), a forma máis recomendada. Ou ben o propio día, nos despachos de billetes do campo. O prezo para adultos é de 15€ e para menores de idade de 5€.

Súbete ao bus do Compos e ven a animar aos nosos neste derbi crucial para seguir pelexando por todo. Necesitamos o teu apoio. Esperámoste: https://bit.ly/SubeteBusCompos.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.