Fabiano: “O equipo está a responder e honrando a camiseta do Compostela”

3 de Marzo de 2023
Miguel Fernández, Fabiano, Guillermo Mouronte, director xerente de Hyupersa Santiago, e Ramón Castro, nas instalacións do concesionario portando o cartel do partido.
Guillermo Mouronte e Fabiano, xunto á furgoneta Staria.
Miguel Fernández, Fabiano, Guillermo Mouronte, director xerente de Hyupersa Santiago, e Ramón Castro, nas instalacións do concesionario.
Guillermo Mouronte e Fabiano nunha furgoneta de Hyupersa Santiago.
  • Fabiano agarda unha SD Compostela valente e enchufado para superar ao Lugo B na casa

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2023

No concesionario de Hyupersa Santiago, patrocinador oficial do derbi deste domingo ás 12.00 no Vero Boquete, Fabiano analizou a previa do enfrontamento contra o Lugo B. Tras gañar en Guijuelo, os nosos queren encadear dous triunfos seguidos para seguir metendo presión ao líder. O técnico branquiazul agarda, unha vez máis, un equipo forte e valente para vencer a un duro rival, que xa superou á SD Compostela na primeira volta.

Baixas. Temos a sanción de Samu, que levou a quinta tarxeta, esas dúas baixas. A priori, os demais están ben. Se non hai ningunha novidade, en principio, conto con todos, menos Jordan e Samu.

Estado físico do equipo. Véxoos ben. Temos un preparador físico que é dos mellores, os xogadores apenas teñen lesións musculares e nos partidos a xente corre a tope. A xente reclama que tardo en facer os cambios, sinal de que vexo aos que están a xogar de inicio ben. A xente que entra tamén está a entrar a tope, polo que estou contento.

Javi Jiménez. A Javi fáltalle coñecer de todo aos compañeiros, pero estou contento. Veu en forma, está a adestrar a verdade que moi ben, os capitáns recibírono perfectamente e dá gusto. Está, máis ou menos, integrado no grupo, e estou contento.

Adaptarse ao equipo. Aos poucos está a coñecer aos xogadores, ten moi boas maneiras e o club, salvo novidade, acertou en fichalo.

Seguridade do Compos. Os partidos están a pasar e o grupo está a darme seguridade, a seguridade que ten vestir a camiseta do Compostela. Estamos afeitos a gañar e chapó para eles. Véxoos enchufadísimos e oxalá sigamos así ata final de tempada. Estou contento e, polo mostrado no campo, a afección ten que estar contenta tamén, porque están a responder e honrando a camiseta do Compostela.

Aviso do partido da primeira volta. Empataron no 89 e marcaron no 92. Creo que foi o punto de inflexión que tivemos. Era outro sistema de xogo, outros xogadores, outra dinámica, pero enfrontarémonos a un equipo que ten as ideas moi claras, xoga moi ben, parecido ao Valladolid. É un equipo moi forte, que por máis que estea aí abaixo, nos creará problemas. En todo caso, nós tamén somos fortes, confío no meu equipo, na xente que vai vir o domingo, no grupo e no factor campo.

Centrarse no traballo propio. O importante é ser nós mesmos. En Guijuelo ninguén marcara tres goles e fixémolo, fallando ocasións claras. Era partido para un 1-5, gañamos 2-3, pero todo controlado. Aquí ten que ser igual. Temos que ser nós mesmos, un Compostela forte, en dinámica boa e temos que mirar para nós. Os rivais están a cambiar os sistemas e a forma de presionar, o que demostra que imos polo bo camiño. Hai que seguir coa intensidade e coa orde que estamos a ter para darlle unha nova alegría á nosa afección.

Modificacións do Lugo B. Non tes moita seguridade no que te vas a enfrontar, polo que falamos de mirarnos a nós, ser nós e esquecernos do contrario. Loxicamente, vimos partidos deles, démoslles un toque de atención en certas cousas que fan, pero o domingo poden variar moito. Teñen xogadores de calidade, como filial do Lugo, cunha maneira ofensiva e valente de xogar, pero temos que mirarnos a nós mesmos, senón non durmimos, porque é difícil saber o que nos atoparemos o domingo.

Potencial do rival. O seu punto forte é a súa intensidade. Poñen moita intensidade no xogo e na presión, e teñen moita calidade. Ademais, é un equipo moi valente. É un conxunto de todo. Sabemos que nos enfrontaremos a un equipo complicado e se somos fortes tamén, pode ser un partido bonito, con dous equipos que van atacar, e a ver quen pode máis.

Xogar ás doce. Gústame máis xogar ás cinco, que é un horario habitual. É o que hai e sen problema. O problema é para os dous. Gústeme ou non, hai que xogar e facer un equipo forte e como quere o noso afeccionado, un equipo gañador.

Un mes de derbis. Clave son todos os partidos, por iso miramos o domingo a domingo. Clave era o Zamora, o Guijuelo e agora o Lugo. Se non gañas, non podes pensar en máis adiante. Tes que gastar todas as enerxías en gañar ao Lugo e logo xa pensaremos no próximo rival. Só miramos ao Lugo e a ver se somos quen de que queden os puntos na casa.

 

Link á rolda de prensa de Youtube: https://youtu.be/BX4Xkl9wdsk

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 | Míchel 🩵🤍🙌 OS NOSOS para o encontro de mañá no Estadio Vero Boquete, ás 12.00 horas, contra o @realoviedo Vetusta!💪 Míchel chama a varios reforzos da @canteirapicheleira #ComposVetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario, Samu Araujo!!! 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Samu!!! 💪 Oxalá poder celebralo mañá cunha nova vitoria na nosa casa!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | 𝐌𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥 𝐀𝐥𝐨𝐧𝐬𝐨 🗣️ PREVIA do encontro deste domingo, ás 12.00 horas no Vero Boquete, ante o Real Oviedo Vetusta!!!🩵🤍 Hoxe acompañounos na rolda de prensa Fernando Leis, de O Pan de Leis, patrocinador do encontro!#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄𝐃𝐈𝐂𝐎𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬 🩵🤍👨‍⚕️ As probas realizadas a Pablo Antas polos servizos médicos confirmaron unha microrotura no músculo semitendinoso da súa coxa dereitaEstará de baixa dúas semanas!Moito ánimo, Pablo 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.