Empate sen goles ante o Lugo B

5 de Marzo de 2023
Mario Rodríguez encarando a un rival do Lugo B.
Parapar buscando un balón na segunda metade.
Darío protexendo o balón contra Iago Novo.
Unha das ocasións máis claras para o Compos, co balón solto, sen que Fer puidese chegar. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos non atopou o premio, nas súas continuas chegadas, e selou un novo empate na casa

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2023

A SD Compostela volveu sumar, esta vez dun, ante o seu público. Os branquiazuis foron superiores durante boa parte do encontro, pero faltoulles mordente para mandar á rede os innumerables achegamentos pola área. Por iso, dada a falta de acerto, o derbi ante o Lugo B acabou co 0-0 inicial.

Cos mesmos protagonistas que a semana pasada, a SD Compostela buscaba un éxito similar, esta vez, diante do seu público. Nunha mañá fresca, os nosos tiñan por diante un gran derbi contra o filial do Lugo para seguir enganchado na parte alta.

Con dous equipos ofensivos e moi abertos, os nosos saltaron mellor e avisaron primeiro, pero Darío non puido conectar con Mario nunha contra de moito perigo para os branquiazuis.

Ante un rival atacante, o Lugo B respondeu rapidamente á saída dun córner, pero Borja Rey, de novo no once, demostrou os seus reflexos para voar e sacar arriba unha volea de Parga, nunha acción que aplaudiu a bancada.

Precisamente, a balón parado, o Compos tamén tería as súas. Cada acción de estratexia era moi perigosa, aínda que non conseguían conectar coa rede. Na máis clara, no 14, Pablo Antas rematou só no segundo pau, tocouna Fer Beltrán, pero non a puido orientar cara á portaría.

A pesar dos continuos achegamentos por tres cuartos de campo, custaba chegar á área. Así, ata o descanso, tan só houbo un achegamento con perigo, cun disparo de Riki Mangana coa zurda, que atrapou Brais.

Chegouse ao intermedio con empate e comezou a segunda cos mesmos protagonistas, e polos mesmos camiños. O Compos aloxábase en campo rival, quizais con maior presencia que no primeiro acto, pero sen clarificar os seus achegamentos.

Foi coa entrada de Parapar, pasada a hora do partido, cando as ocasións comezaron a chegar. A verticalidade do atacante coruñés complicou á armazón defensiva dos lucenses. Nada máis entrar, o propio extremo probou a Brais, de lonxe, pero chapouna o porteiro.

Dez máis tarde, de novo Parapar, esta vez por liña de fondo, entrou con perigo, púxoa atrás, pero Jaime, primeiro, e Mario, despois, atopáronse coas pernas dos defensores.

Con todo, a máis clara chegaría xa na recta final, de novo nas botas de Parapar. O extremo volveuse a ir do seu lateral, disparou coa dereita a porta, pero Brais, co pé, sacouna sobre a liña e no rexeite Pablo Antas buscou a escuadra, pero escapouse por moi pouco.

Entrouse no desconto, houbo centros á área con moito perigo, pero infelizmente, a pelota hoxe non quixo entrar. Por iso, pechouse o partido tal e comezou, co 0-0. Agora tocará un novo derbi, no que os nosos tentarán volver sumar de tres, contra o Coruxo.

FICHA TÉCNICA

0- SD COMPOSTELA: Borja Rey; Riki Mangana (Parapar, m.65), Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián; Pablo Antas, Roque, Fer Beltrán, Jaime Santos (Kike, m.78); Mario Rodríguez e Darío.

0- CD LUGO B: Brais Vázquez; Torrado, Castrín, Parga, Pablo (FReyre, m.84); Vidal (Xabi D., m.62); Rosón, Fidalgo, Iago Novo, Ces Cotos (Ramos, m.72); e Christian (Leandro, m.84).

GOLES: Sen goles.

ÁRBITRO: Carbajales Suárez (Asturias). Amoestou a Pablo Antas e Roque, polo Compos; e a Parga, Christian, Rosón e Pablo, polo Lugo B.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 24 do Grupo 1 de Segunda RFEF disputado ante 1074 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Centro de Deportes Barco ⚽️ Previa do noso técnico antes do encontro deste domingo, ás 17:00 horas en Calabagueiros, primeiro da segunda volta#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Goris amplía o seu contrato ata 2027!🤝 O mediocentro terá ficha de primeiro equipo e portará o dorsal '1⃣6⃣'𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2026/01/22/goris-amplia-contrato-compos-2027/#goris2027 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
2️⃣5️⃣0️⃣ partidos e sumandoO noso capitán, Samu Rodríguez, xa superou os 250 partidos disputados coa camiseta branquiazul, repartidos nas últimas 10 tempadasEste pasado domingo quixemos homenaxealo cunha camiseta conmemorativa, entregada polo seu paiParabéns, Samu! Por moitos máis! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Queremos seguir coa boa dinámica!⚽️ 𝐗𝟏𝟖🆚 Centro de Deportes Barco 🗓️ Domingo, 25 de xaneiro🕔 17:00 horas🏟️ Calabagueiros🎫 12€Este domingo, iniciamos a 2ª volta, no Barco de Valdeorras! 🙌#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comezo da semana con dúas xornadas de descanso🏟️ Os nosos volverán ao traballo o mércores para preparar o inicio da 2ª volta coa visita ao Barco#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.