- O Compos quere manter o seu bo momento como visitante, nun derbi no que contará cun gran apoio da afección
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2023
A SD Compostela encara un novo derbi na Liga. Tras empatar na casa, como fai quince días, o obxectivo dos nosos é volver sumar de tres como visitantes. O Compos desprázase a Vigo para medirse ao Coruxo, cunha gran masa social detrás, para tentar lograr unha valiosa vitoria, clave para seguir en postos de playoff. Para o partido, Fabiano agarda un Compos máis sereno, dominante e capaz de levar o triunfo ante un rival duro.
Estado do plantel. Temos que ver mañá. Damián ten unha pequena molestia, Fer tamén ten un problemiña, pero esperaremos a mañá para decidir. Recuperamos a Samu e Jordan e contento.
O Coruxo. Por nome, son bos futbolistas, demostrárono aquí na primeira volta, teñen outra dinámica, cambiaron de adestrador e no seu campo apertan, polo que será un partido moi complicado para nós. Confío nos meus, en saber estar, porque creo que o domingo pasado xogamos bastante acelerados e, coa calidade que temos, pecamos niso. Falamos, vimos vídeos e contento. Adestramos ben e espero que estean todos aptos para decidir quen vai xogar e poñer un equipo forte para superar a un rival duro, cunha dinámica mala, pero que, como demostraron a semana pasada, cos novos adestradores presionan moito e son agresivos. Como teñen calidade será un partido complicado.
Cambio co novo adestrador. Na primeira parte, tiveron un comportamento. Na segunda, que xa ían perdendo, outro. Vímolos cunha presión moito máis arriba, pola nova cara que lle deron os novos adestradores. Creo que pensan que o equipo ten que apertar e gustoume. Será un equipo que presione, máis co empuxe da súa afección, pero será un partido bonito de ver, con dous equipos moi bos que tratan ben o balón.
Partido que se pode esperar. Poderá pasar de todo. Imaxino o que pasará, pero non sei o que pensan eles. Estamos ao noso, xogar ao noso e o único que lles pedín aos xogadores é estar menos acelerados que o domingo pasado, porque houbo momentos moi claros de matar o partido, que roubamos moitos balóns, e estivemos acelerados. Sorprendeume pola calidade que temos, pero non pasa nada, xa o falamos e axustamos algunhas cousas para cada día ser un mellor Compos.
Diferenza de resultados na casa e fóra. Expoño os partidos igual na casa que fóra. O outro día, creo que estivemos acelerados, polo que fallas un pouco máis, pero presionamos ben e roubamos moitos balóns. Hai que ter en conta que fóra, o contrario tamén ten que atacar, polo que, nesa loita, o partido queda máis equilibrado. Mentres tanto, cando os rivais veñen ao Vero Boquete, cóidanse máis e deféndense mellor. Polo que penso que non ten nada que ver con estar máis ou menos cómodos. Normalmente, sempre marcamos goles, xogamos da mesma maneira, polo que creo que é unha coincidencia que non ten nada que ver.
Enfrontamentos contra rivais de arriba ou abaixo. Na miña época, cando o Compostela xogaba contra o Madrid, o Barcelona ou os derbis, motivaban máis, que xogar contra os outros. Pode ser iso, pero non debería. É unha coincidencia que non se debe levar en serio. Creo que todos os xogadores saen a morrer no campo, coma se fose o último partido, pero ás veces sae ben e outras sae mal. O xogador pode xogar ben ou mal, é normal, o que non pode é deixar de competir. A verdade é que, en todos os partidos, o equipo está a competir, polo que hai que eloxiar o seu traballo, despois se sae ben ou mal, non pasa nada. O importante é que o Compostela sexa competitivo en todos os campos e iso estase facendo. Agardo que o vindeiro domingo tamén sexa así.