Nova reunión cos abonados da SD Compostela

10 de Marzo de 20231
Reunión directiva SD Compostela cos seus abonados en outubro.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2023

A Xunta Directiva da Sociedade Deportiva Compostela quere informar a todos os seus abonados e abonadas que este próximo luns, 13 de marzo, celebrarase unha nova reunión informativa. O encontro, seguindo a liña do anterior, celebrarase ás 19.45 horas no Hotel Oca Porta do Camiño.

A reunión servirá para informar sobre o día a día do club, co obxectivo de que os abonados poidan coñecer, de primeira man, a actualidade compostelanista. Ademais, como na anterior ocasión, responderanse as dúbidas e preguntas que se expoñan.

Para acceder á reunión, será necesario presentar o DNI e o abono. Cabe citar ademais que xa foron avisados todos os abonados que facilitaron o seu correo electrónico, vía e-mail.

Este segundo encontro cos abonados, que se suma aos realizados coas peñas, responde á vontade da directiva da SD Compostela de abrir o club aos seus seguidores. Na primeira cita, celebrada en outubro, participaron uns oitenta afeccionados branquiazuis.

One comment

  • Los virus no son microorganismos

    11 de Marzo de 2023 at 12:12

    era importante saber que proxeto teñen os novos socios, inversión qué van facer, etc

Comments are closed.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.