Golpe de autoridade do Compos en Guijuelo

26 de Febreiro de 2023
Antas vs Guijuelo
Borja Rey vs Guijuelo
Darío vs CD Guijuelo
Celebración Vitoria vs CD Guijuelo
  • O Compos levou a vitoria, 2-3, nun duelo que dominou desde o inicio

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2023

A SD Compostela segue de doce. Os branquiazuis sumaron un novo triunfo de mérito como visitantes. Un golpe de autoridade contra todo un Guijuelo, rival directo polo playoff, ao que superou por 2-3. Dominando desde o inicio e co control do encontro, os puntos viaxan merecidamente para Santiago.

Fer Beltrán, no 5, adiantaría aos branquiazuis. Empataría Giráldez, no 11, pero de novo Fer, no 18, cunha xogada moi similar, poría por diante aos nosos. Xa na segunda, Darío ampliaría a renda, no 49, co seu décimo tanto da campaña, selando un triunfo que non se escaparía, nin tan sequera co gol final de Caramelo, no 87.

Tras empatar na casa contra o Zamora, o Compos encaraba en Guijuelo outro encontro de altura, un duelo entre dous equipos de playoff. Co obxectivo de sumar os tres puntos de novo, Fabiano repetiu once, coa novidade de Jaime Santos polo sancionado Jordan.

Con este obxectivo, partiron moi concentrados os nosos, conscientes de que o Luis Ramos obrigaba a enchufarse desde o minuto un. Cumprindo esa premisa, saltaron mellor os branquiazuis e aproveitárono na súa primeira ocasión, aos cinco minutos.

Roubou en campo contrario, apertura á banda e o centro, tras pasearse pola área, remachouno no segundo pau Fer Beltrán, cruzándoa ao fondo da rede.

Era o premio que buscaban os branquiazuis, aínda que a alegría non lles duraría moito. Os locais souberon reaccionar e atoparon o seu gol seis máis tarde. Giráldez, tras gañar o salto na área, conseguiu virarse, encarar a Borja Rey e batelo por abaixo.

Partido que comezaba de novo e nese reenganche, volveu mostrarse mellor o Compos, capaz de adiantarse de novo no marcador, no 18, co dobrete de Fer  Beltrán.

Nesta ocasión, o mediocentro lucense, aparecendo no segundo pau, aproveitou a peiteada de Darío para, sen deixala caer, cruzala con potencia á rede. Un auténtico golazo para recuperar o mando no encontro.

Aprendendo da experiencia previa, os branquiazuis deron un paso á fronte na súa defensa, non deixando circular aos locais e levando o peso do encontro, conscientes de que era clave para que non se metesen no marcador.

De feito, os nosos terían o terceiro nunha contra, á media hora, na que Darío recibiu en banda, foise do seu par, pero o seu remate coa esquerda foi frouxo ás mans de Guzmán. Pola súa banda, en defensa, cun Borja Rey moi seguro por alto, o Guijuelo non conseguía xerar perigo. Por tanto, chegouse ao intermedio coa vantaxe compostelanista, 1-2.

Á volta dos vestiarios, trala arenga de Fabiano, o Compos volveu saltar moito mellor e repetiu éxito nada máis arrincar, selando o 1-3.

Tras unha acción a balón parado, Álvaro Casas cedeu atrás para Riki, este colgouna na frontal, tocouna de cabeza Crespo e Darío, aproveitando a saída de Guzmán, definiu a porta baleira. Gran acción do dianteiro, moi atento, para converter o seu décimo gol da campaña.

O tanto sentou moi ben aos nosos, conscientes de que o obxectivo, a pesar de ter toda a segunda metade por diante, estaba máis preto. Seguindo co mesmo plan, cunha gran disposición defensiva, seguiu xerando perigo, sen que o Guijuelo conseguise achegarse aos dominios de Borja, máis aló dalgúns centros de lonxe.

Así, á hora de encontro, tería o cuarto Jaime Santos, pero o seu remate no segundo pau, tralo gran centro de Mario Rodríguez, topouse co poste da portería de Guzmán. E un máis tarde, o propio atacante catalán, mandaría unha volea desde a frontal ás mans do meta, cando estaba en posición franca.

Chegou o momento dos cambios, corría o tempo e iso favorecía aos nosos, que se mantiñan francos atrás e percutindo cando podían. Precisamente, un dos homes de refresco, Parapar, podería ampliar a renda branquiazul nada máis entrar ao campo, pero no man a man, enviouna demasiado cruzada.

Con todo, coa contenda controlada, o Guijuelo atoparíase cun gol que os meteu de cheo no duelo. No 87, nun balón longo, a pelota quedou na área e Caramelo empalouna con potencia para mandala ás mallas, facendo imposible a estirada de Borja.

Apertouse o marcador e o desconto foi de infarto. Os locais tentárono ata o final, pero o Compos non deixou escapar a vitoria. Despexou as últimas acometidas do Guijuelo e puido gozar co asubío final, 2-3.

Tres puntos para os nosos que seguen firmes en postos de playoff. Unha vitoria espectacular, nun feudo inexpugnable, ampliando a vantaxe cun rival directo. Este novo triunfo como visitantes tamén amplía o bo momento do colectivo branquiazul que, agora, encarará un novo duelo crucial no Vero Boquete, ante o Lugo B.

FICHA TÉCNICA

2- CD GUIJUELO: Johan Guzmán; R. Florez, Willy (Piojo, m.83), Aizpiri, Davo, Coque (Garban, m.53); Cristóbal Gil, Pepe Carmona, Álex Lorenzo; Sergio García (Caramelo, m.53) e Giráldez.

3- SD COMPOSTELA: Borja Rey; Riki Mangana, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián (Martín, m.87); Pablo Antas, Roque (Samu, m.73), Fer Beltrán, Jaime Santos (Cano, m.73); Mario Rodríguez (Elliot, m.87) e Darío (Parapar, m.80).

GOLES: 0-1: Fer Beltrán, min.5; 1-1: Giráldez, min.11; 1-2: Fer Beltrán, min.18; 1-3: Darío, min.49; 2-3: Caramelo, min.87.

ÁRBITRO: Gargantilla Fernández (Estremadura). Expulsou a Mario Sánchez (m.72), adestrador do Guijuelo. Ademais, amonetou a Willy, Giráldez, Aizpiri e Pepe Carmona, polo Guijuelo; e a Pablo Crespo, Pablo Antas, Fer Beltrán e Samu, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Municipal Luis Ramos (Guijuelo). Xornada 23 do Grupo 1 da Segunda RFEF.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.