Entradas a maiores para abonados por cinco euros no derbi

27 de Febreiro de 2023
Abonados Entradas
  • Convida a quen queiras e presentando o teu abono as entradas contra o Lugo B sairanche a 5€
  • Habilitado para calquera bancada e sen límite máximo: saca todas as que necesites con desconto

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2023

Despois de sumar senllas vitorias nas dúas últimas saídas, a SD Compostela necesita dar continuidade ao seu bo momento no Vero Boquete. Os partidos na casa son de vital importancia para seguir coa persecución do líder e ampliar a vantaxe cos rivais directos. Por iso, o club saca outra promoción de entradas a maiores para abonad@s.

Todos os abonad@s, ademais de acceder ao derbi do domingo co seu abono, poderán retirar tamén as entradas que desexen, sen límite, por un prezo reducido de 5€. Para calquera das dúas bancadas e para todos os rangos de idade. A única condición é a de presentar o abono á hora de comprar as entradas.

Deste xeito, o obxectivo é o de xerar o maior ambiente posible para o importante derbi, domingo ás 12.00, contra o Lugo B.

Neste tramo da tempada, cada vitoria resulta crucial, polo que o apoio da afección, especialmente no Vero Boquete, é clave. Por tanto, búscase que cada abonad@ poida convidar a familiares ou amigos, quen pagarán un prezo moi reducido para acceder ao Estadio.

As entradas con desconto poderán ser retiradas a partir de mañá martes. Estarán dispoñibles na Oficina do Club, ata o venres; na Tenda Oficial da Rúa da Raíña, ata o sábado; e tamén nos despachos de billetes do Vero Boquete, o propio domingo desde unha hora antes.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 OURENSE- 1
  • COMPOSTELA- 0 OURENSE- 1
  • COMPOSTELA- 0 OURENSE- 1
  • COMPOSTELA- 0 OURENSE- 1
  • COMPOSTELA- 0 OURENSE- 1
  • COMPOSTELA- 0 OURENSE- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🙌 Nova oportunidade para levantarse e volver sumar de tres!!! 💙🤍 🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril 🗓️ 07.10.23⏰ 17.00🏟️ Abegondo#fabrilcompos #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
⚔️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋 ⚔️💪 Traballo, traballo e máis traballo para levantarnos deste mal momento!⚽️ Catro sesións por diante para preparar o encontro do sábado en Abegondo contra o Real Club Deportivo de La Coruña Fabril! #fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 | Manel Menéndez#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 💙🤍0⃣-1⃣Ourense CF #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.