A Deputación da Coruña e a SD Compostela organizan o II Torneo Alevín F-8

4 de Abril de 2023
Cartel da segunda edición do Torneo.
Presentación do Torneo con Cristina Capelán, deputada de Deportes da Deputación da Coruña; Luis Rey, alcalde de Oroso; Antonio Liñares, presidente do Sigüeiro FC; Juan Carlos Gesto, presidente da SD Compostela; e Antonio Leira, concelleiro de Deportes de Oroso e deputado provincial.
Momento da presentación no Campo Lino Balado.
  • Tralo éxito da primeira edición, a segunda terá lugar o 17 e 18 de setembro en Oroso
  • Haberá actividades paralelas de lecer que impulsarán a participación e a socialización

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2023

A Deputación da Coruña e a SD Compostela organizarán o próximo mes de setembro a segunda edición do Torneo Alevín F-8. A competición, na que participarán os mellores clubs da provincia, disputarase, o sábado 17 e domingo 18 de setembro, no Concello de Oroso.

36 equipos da Coruña participarán nesta gran cita co reto de coller a testemuña do Real Club Deportivo da Coruña, gañador da primeira edición, no palmarés. Repetindo a experiencia do pasado exercicio, o obxectivo será celebrar dous días de competición, nos que primarán a socialización e o bo ambiente entre todos os participantes. Para iso, levaranse a cabo actividades de lecer paralelas.

Do mesmo xeito, este torneo, da man da Deputación da Coruña, ten a premisa de potenciar a práctica deportiva entre os máis pequenos da casa, fomentando os valores positivos que traslada, neste caso, o fútbol.

O torneo celebrarase a fin de semana do 17 e 18 de setembro, en formato de Fútbol-8 mixto e para categoría alevín (nenos e nenas nacidos nos anos 2012 e 2013). Na cita participarán un total de 36 equipos da provincia, que se elixirán pola orde de clasificación das ligas organizadas pola Federación Galega de Fútbol (Futgal) durante a tempada en curso.

Esta segunda edición foi presentada esta mañá no Campo Municipal Lino Balado, en Sigüeiro, coa presenza de Cristina Capelán, deputada de Deportes da Deputación da Coruña; Luis Rey, alcalde de Oroso; Antonio Leira, concelleiro de Deportes de Oroso e deputado provincial; Juan Carlos Gesto, presidente da SD Compostela; e Antonio Liñares, presidente do Sigüeiro FC.

 

SISTEMA DE COMPETICIÓN.

Do mesmo xeito que na primeira edición, o sistema de competición comezará cunha liguiña inicial de catro equipos por grupo. A partir de aí, levaranse a cabo as eliminatorias, divididas entre cadro principal e cadro secundario, en función da clasificación conseguida. Os dous primeiros pasarán á disputa das eliminatorias na parte principal do cadro, mentres que os terceiros e cuartos clasificados pasarán á parte secundaria do mesmo.

Este sistema realízase co obxectivo de que todos os equipos disputen un número similar de encontros.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

3 days ago

SD Compostela
👏 @samurodriguez14, #JugadorCincoEstrellas da SD Compostela 23.24 🩵🤍🏆 O capitán, cos votos da afección en Twitter, foi elixido como o xogador máis destacado da tempada, logo de ser fundamental na segunda volta🤝 @futbolmahou 🍻 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Hoxe temos de aniversario ao noso míster 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Antón!🙌 Que veña un ano cheo de éxitos e que os desfrutemos xuntos! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Nova SEDE dos Campus Xacobeos! Prezo subvencionado para os empadroados en O Pino e Touro grazas ao noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael#CampusXacobeosOs 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐮𝐬, os do 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬 🩵🤍🙌🏻 Nova sede! Desta vez en 𝐓𝐨𝐮𝐫𝐨, do 8-19 de Xullo!🤝 Grazas a @cobresanrafael, os/as nenos/as empadroados en Touro e O Pino pagarán 30€ polas 2 semanas do #CampusXacobeos✍🏻 Inscríbete na ligazón da nosa bio! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario o noso capitán e candidato ao #JugadorCincoEstrellas, Samuel Rodriguez Noya 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Samu! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.