O Compos presenta os Campus Xacobeos en Touro

9 de Xuño de 2023
Presentación dos Campus Xacobeos en Touro

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2023

O Compos presentou este venres, no Campo do Loxo, a segunda edición dos Campus Xacobeos. Sete sedes, moitas novidades e unha dirección deportiva renovada para que a experiencia sexa única. E é que este verán, o mellor Campus é o do Compos.

Patrocinados por Cobre San Rafael, ata o momento xa van rexistrados preto de 300 participantes, o que demostra o éxito desta edición. Os nenos e nenas rexistrados, de 5 a 16 anos, poderán gozar con actividades de todo tipo, para mellorar aspectos futbolísticos, pero tamén para traballar os valores positivos do deporte. Ademais, todos eles poderán pasalo en grande cunha festa final.

A inscrición, que segue aberta en todas as sedes, pode realizarse na seguinte ligazón: https://sdcompostela.com/canteira/campus-xacobeos-2023/.

As sedes, co campo e as súas respectivas datas, son as seguintes: Santiago de Compostela (As Cancelas e Santa Isabel), do 26 ao 30 de xuño e do 3 ao 7 de xullo; Touro (Loxo), do 3 ao 7 de xullo; Arzúa (O Viso), do 10 ao 14 de xullo; A Pobra do Caramiñal (Cadreche), do 17 ao 21 de xullo; Dumbría (O Conco), do 24 ao 28 de xullo; e A Escravitude (O Novo Doce), só para porteiros, do 10 ao 12 de xullo.

Durante a presentación, nun dos concellos organizadores, destacáronse a multitude de novidades que trae esta edición: haberá materiais innovadores, visitas de xogadores, unha festa asegurada como fin de Campus e, por exemplo, ábrese a posibilidade de realizar unha Carta FIFA física e personalizada, con estatísticas adaptadas por idade, para que os pequenos sentan como un xogador profesional.

Na posta de longo dos Campus Xacobeos, estiveron presentes Juan Carlos Gesto, presidente da SD Compostela; Javier Balado, presidente da Asociación de Mineiros; Miguel Rodeiro, presidente do SD Touro; Xosé Ramón Puga, coordinador do SD Touro; Ignacio Codesido, alcalde de Touro; e Fernando Díaz e Pablo Núñez, representantes de Cobre San Rafael.

Precisamente, Pablo Núñez, animou a todos os pequenos a participar nos Campus Xacobeos, porque o pasarán en grande.

“Para Cobre San Rafael é un orgullo colaborar unha vez máis con esta gran iniciativa estival, na que nenos e nenas de toda a comarca poderán gozar de infinidade de actividades. Esta colaboración únese aos nosos patrocinios deportivos, debido a que apostamos firmemente polo deporte. Ademais, o noso apoio vai máis aló aquí en Touro, xa que subvencionados parte da inscrición a todos os participantes que estean empadroados no Pino ou en Touro, quen só pagarán 30 euros. Animamos a todos a inscribirse na sede que máis lle guste, porque estamos seguros de que será todo un éxito”, explicou.

 

Información Xeral dos Campus Xacobeos.

 

As actividades, en cada unha das sete sedes, están dirixidas a nenos e nenas de 5 a 16 anos. Desenvolveranse de luns a venres en horario de mañá, desde as 9.30 horas ata as 14.00 horas.

A inscrición, que se debe realizar a través da web da SD Compostela, inclúe unha botella, dous equipamentos, merenda para todos os días, fotografías, un diploma acreditativo e moitos agasallos máis. Unha vez completado o rexistro, deberase ingresar na pasarela de pago, na que se poderá facer o abono da cantidade indicada con cartón de crédito ou débito.

Os prezos por semana varían en función das distintas modalidades previstas. A tarifa xeral será de 140€; para xogadores da base da SD Compostela ou do CD Conxo Santiago, 100€; e para xogadores de clubs conveniados e colaboradores, 120€. Ademais, os irmáns de inscrit@s ou repetidores en varias sedes terán un desconto de 10 euros na súa cota.

Os clubs conveniados coa Canteira Picheleira son: Milladoiro SD, Amio SD, UD Bastavales, Urdilde SD, SD Escravitude, SD O Pino, Puebla FC, CF Dumbría e Alto do Vento FS. E os clubs colaboradores son: La Salle, Compañía de María, Peleteiro, Touro e Santa Marta.

Ademais, habilítase o teléfono 601909574 e o mail campus@sdcompostela.com para máis información ou para aclarar calquera dúbida sobre os Campus.

 

As mellores actividades para a mellor experiencia.

 

A dirección deportiva dos Campus Xacobeos renóvase este ano para dar a mellor experiencia aos participantes. Encabezados por un grupo con ampla traxectoria no sector, esta edición achegará vivencias únicas para os pequenos.

Dentro dese obxectivo traballarase a participación de cada xogador ou xogadora tanto a nivel persoal como deportivo.

Por unha banda, enfocaranse actividades para a mellora de aspectos futbolísticos, técnicos e tácticos, de forma individual e colectiva, tratando de ofrecer diferentes escenarios de aprendizaxe.

E, polo outro, promoverase a práctica do deporte desde o respecto e o compañeirismo, como alicerces básicos.

Por último, agradecer aos patrocinadores que fan posible o Campus, cunha mención especial para Cobre San Rafael, que becará aos nenos e nenas empadroados en Touro e O Pino para o Campus de Touro, tendo que pagar só 30€ nesa sede. Ademais, tamén queremos agradecer o apoio de Kutxabank, Alcampo, Jim Sports e Gráficas Alonso, tamén patrocinadores desta actividade.

 

Campus Xacobeos, inscríbete.

 

Unha nova forma de entender os Campus de Verán para obter a mellor experiencia. Non agardes máis e inscríbete en calquera das nosas sedes: https://sdcompostela.com/gl/canteira/campus-xacobeos-compos-2023/.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 🩵🤍🙌 OS NOSOS para mañá!👉 Escoruela é baixa por sanción⚽️ Volve Casas, xa recuperado; e Juampa trala sanción. Citado Brais, da @cantpicheleira 💪 12.00 🆚 Real Avilés Industrial C.F. (🏟 Vero Boquete)#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
Hoxe temos de aniversario ao noso asturiano 👉 Jaime Santos 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Jaime! Oxalá celebralo cunha vitoria mañá sobre o verde! Que veñan acompañados de moitos éxitos! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎟️ Entre as iniciativas realizadas para o partidazo contra o Real Avilés Industrial C.F., da man do noso patrocinador Galicia Calidade, repartimos invitacións a todos os clubs conveniados da Canteira Picheleira🩵🤍 Precisamos o apoio de todos para acadar unha vitoria decisiva#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Jaime Santos🗣️ Na PREVIA tamén falou o xogador asturiano, quen destacou a confianza do equipo e analizou ao rival#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA do técnico compostelanista antes do partidazo decisivo deste domingo, ás 12.00 no Vero Boquete, ante o Real Avilés Industrial C.F. ⚽️ O técnico só se centra en conseguir o triunfo o domingo#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.