Roque non continúa na SD Compostela

24 de Xuño de 2023
Grazas Roque
  • Roque deixa o club tras tres grandes tempadas

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2023

Roque González non continuará na SD Compostela a próxima tempada. O lateral compostelán emprenderá un novo reto na súa carreira deportiva, polo que decidiu non renovar co Compos tras tres grandes tempadas, a primeira en xuvenís e as dous seguintes co primeiro equipo.

O canteirán compostelanista deixa atrás unha etapa moi enriquecedora, na que conseguiu facerse un oco no primeiro equipo da SD Compostela. Desde a súa chegada á capital procedente do Deportivo, o seu crecemento foi continuo.

No seu primeiro curso, aínda en idade xuvenil, lograba o ascenso a División de Honra co Xuvenil A e, a maiores, tras varias convocatorias, conseguía debutar co Compos no último partido de liga na Segunda B.

Ao ano seguinte, con ficha de filial, conseguiría facerse un oco no primeiro equipo despois dunha gran pretempada. Como xogador de pleno dereito, disputou un total de 29 encontros, 26 deles como titular, para un total de 2.333 minutos.

E esta pasada campaña, xa asentado no Compos, volvería contar cunha gran presenza no once, alternando ambos laterais e mesmo xogando como interior. En total, pechou o ano con 32 partidos disputados, todos menos un coma titular, para 2.746 minutos de xogo, nos que ademais anotou un gol.

Por todo iso, a SD Compostela agradécelle todo ese compromiso e esforzo polo ben do club, desexándolle a maior das sortes para ese novo reto deportivo que emprenderá.

Esta, sempre será a túa casa, Roque.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.