Un capitán súmase ao barco do Compos: Samu Rodríguez está de volta

11 de Xaneiro de 2024
Samu Rodríguez está de volta no Compos
  • O Compos activa a ficha de Samu Rodríguez tras recuperarse da súa lesión

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2024

A SD Compostela 23.24 ten un novo capitán no seu barco: Samu Rodríguez está de volta. O club decidiu activar a ficha do mediocentro de Val do Dubra, quen xa totalmente recuperado da súa lesión supón un reforzo de luxo para afrontar a segunda volta do campionato. Firma ata final de tempada.

A reincorporación de Samu é unha gran noticia, tanto desde o aspecto futbolístico como no persoal. A inoportuna lesión que sufriu no playoff da pasada campaña doeunos a todos. Un duro traspés do que xa está totalmente recuperado. E é que Samu Rodríguez volve máis forte para axudar ao seu Compos a lograr o ascenso.

Durante estes longos meses, Samu Rodríguez realizou un traballo incansable para recuperarse, mentres seguía moi de preto a evolución dos seus compañeiros. Da man do equipo médico do Compos foi superando etapas ata lograr a alta médica. Con ela, chegou o momento de probarse sobre o verde e ir collendo sensacións, dando pasos lentos, pero seguros.

Cada vez máis cómodo, desde fai un par de semanas foi un máis nos adestramentos de Michel Alonso, participando nas tarefas e collendo a forma física necesaria para afrontar o que resta liga. Dadas as súas boas impresións e co visto e prace dos médicos e do corpo técnico, o club decidiu activar a súa ficha, reforzando así ao equipo cun puntal.

Será a súa oitava tempada consecutiva na SD Compostela, sendo o xogador do actual plantel con máis campañas no club. En total, no seu periplo como futbolista branquiazul, suma 186 encontros oficiais, nos que logrou un ascenso á Segunda División B, dúas ligas de Terceira División, unha Copa Deputación e unha Fase Autonómica da Copa RFEF.

Cabe destacar que, tras varias semanas adestrando a pleno rendemento, Samu Rodríguez está xa a disposición do corpo técnico, polo que poderá ser da partida, se así o consideran, esta mesma fin de semana.

Será un reforzo de luxo para afrontar esta segunda volta que o Compos arrinca en postos de playoff. Portará o seu número 14 e estará patrocinado pola Viñoteca A Tixola.

Estamos encantados de terche de volta, Samu. Temos moitas gañas de volver desfrutar da túa calidade, do teu traballo incansable e da túa garra sobre o verde. Sempre, un dos nosos!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Hoxe foi un gran día 😍 #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #CoruxoComposAnálise do adestrador do Compos despois da gran vitoria dos nosos no derbiO técnico valorou a importancia deste triunfo, as claves do encontro e as sensacións que lle deixou a vitoria no Vao ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCoruxo FC 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ BubaO DERBI É NOSO 🩵🤍TRES PUNTOS VITAIS NUN GRAN ENCONTRO 💪💪GRAZAS A TODOS POLO APOIO NO VAO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCORUXO F.C. 0️⃣-0️⃣ COMPOSBoa primeira parte dos nosos, apertando e roubando moitos balóns, pero sen conseguir acertar no último terzo📸 Nacho Castaño #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.