Roger Escoruela reforza a banda esquerda da SD Compostela

9 de Xaneiro de 2024
Roger Escoruela novo xogador da SD Compostela
  • Roger Escoruela chega procedente do Cerdanyola e firma ata final de tempada

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2024

Roger Escoruela Miralles (Barcelona, 16.03.96) é novo xogador da SD Compostela. O lateral esquerdo catalán, cunha ampla experiencia na Segunda División B, reforza a zaga branquiazul para a segunda volta do campionato. Chega procedente do Cerdanyola FC, tamén da Segunda RFEF, e firma ata final de tempada.

Escoruela é un lateral contrastado na categoría, cunha ampla traxectoria futbolística aos seus 27 anos. Formado nas categorías inferiores do Espanyol e do Vilarreal, como sénior, pasou polas filas do Gavá, Real Unión, CD Vitoria, UE Sant Andreu, UE Olot, AE Prat, SD Formentera e Cerdanyola FC.

Precisamente, na SD Formentera, a pasada tempada, coincidiu con Michel Alonso, polo que ambos se coñecen moi ben. Baixo as ordes do técnico compostelanista, o defensor era un fixo no once ata que caeu lesionado de gravidade. En total, disputou dez encontros de liga.

Xa totalmente recuperado da súa lesión, fichou polo Cerdanyola del Vallés, conxunto no que neste primeiro tramo da campaña 23.24 disputou 16 encontros, todos eles coma titular, para un total de 1.326 minutos de competición.

Por tanto, Roger Escoruela chega a Compostela en plena forma e preparado para poder debutar cando o corpo técnico o desexe. Nesta liña, incorporarase xa mañá aos adestramentos da SD Compostela.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.