Un capitán súmase ao barco do Compos: Samu Rodríguez está de volta

11 de Xaneiro de 2024
Samu Rodríguez está de volta no Compos
  • O Compos activa a ficha de Samu Rodríguez tras recuperarse da súa lesión

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2024

A SD Compostela 23.24 ten un novo capitán no seu barco: Samu Rodríguez está de volta. O club decidiu activar a ficha do mediocentro de Val do Dubra, quen xa totalmente recuperado da súa lesión supón un reforzo de luxo para afrontar a segunda volta do campionato. Firma ata final de tempada.

A reincorporación de Samu é unha gran noticia, tanto desde o aspecto futbolístico como no persoal. A inoportuna lesión que sufriu no playoff da pasada campaña doeunos a todos. Un duro traspés do que xa está totalmente recuperado. E é que Samu Rodríguez volve máis forte para axudar ao seu Compos a lograr o ascenso.

Durante estes longos meses, Samu Rodríguez realizou un traballo incansable para recuperarse, mentres seguía moi de preto a evolución dos seus compañeiros. Da man do equipo médico do Compos foi superando etapas ata lograr a alta médica. Con ela, chegou o momento de probarse sobre o verde e ir collendo sensacións, dando pasos lentos, pero seguros.

Cada vez máis cómodo, desde fai un par de semanas foi un máis nos adestramentos de Michel Alonso, participando nas tarefas e collendo a forma física necesaria para afrontar o que resta liga. Dadas as súas boas impresións e co visto e prace dos médicos e do corpo técnico, o club decidiu activar a súa ficha, reforzando así ao equipo cun puntal.

Será a súa oitava tempada consecutiva na SD Compostela, sendo o xogador do actual plantel con máis campañas no club. En total, no seu periplo como futbolista branquiazul, suma 186 encontros oficiais, nos que logrou un ascenso á Segunda División B, dúas ligas de Terceira División, unha Copa Deputación e unha Fase Autonómica da Copa RFEF.

Cabe destacar que, tras varias semanas adestrando a pleno rendemento, Samu Rodríguez está xa a disposición do corpo técnico, polo que poderá ser da partida, se así o consideran, esta mesma fin de semana.

Será un reforzo de luxo para afrontar esta segunda volta que o Compos arrinca en postos de playoff. Portará o seu número 14 e estará patrocinado pola Viñoteca A Tixola.

Estamos encantados de terche de volta, Samu. Temos moitas gañas de volver desfrutar da túa calidade, do teu traballo incansable e da túa garra sobre o verde. Sempre, un dos nosos!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🧐 Preparados para mañá!💪🏟️ Concentrados e mentalizados para sumar de 3⃣ no Vao 📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.