Fiz Rodríguez, novo adestrador do Xuvenil A da SD Compostela

13 de Xuño de 2024
  • Fiz ven de acadar o ascenso á División de Honra co Cadete A do Compos

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2024

Fiz Rodríguez Carballo é o novo adestrador do Xuvenil A da SD Compostela para a Tempada 2024/25. O técnico lucense, que ven de ascender co Cadete “A” a División de Honra, tomará as rendas do equipo da Canteira Picheleira o ano que vén, tras unha tempada histórica na que acadaron un moi meritorio quinto posto.

Desta maneira, continuarase traballando coa mesma idea que vén aplicando o club nestes últimos anos e que tantos bos resultados está a mostrar. O obxectivo continuará sendo facer un bo papel en División de Honra, así como formar xogadores para o filial e o primeiro equipo do Compos.

O proxecto do Xuvenil A estará liderado por un adestrador que coñece a casa dende o 2018, ano no que chegou para adestrar no Xuvenil B e á campaña seguinte, fíxose cargo do Zona Vella, filial branquiazul por aquel entón. Nesta última tempada, acadou o ascenso co Cadete “A” á División de Honra, amosando moita solidez ao longo da tempada, rematando a competición na 1ª posición.

Fiz chegou a traballar co primeiro equipo, sendo analista do corpo técnico que comandaba Yago Iglesias e segundo adestrador de Rodri, no curso 21-22.

A maiores, Fiz conta con experiencia en bancos de Terceira División e da Preferente Norte, categoría na que competiu co filial actual do Compos, o Sigüeiro F.C. Estivo ligado ás categorías inferiores do Club Deportivo Lugo e dirixiu á SD Sarriana, UD Pastoricense e Ribadeo FC.

Benvido e moita sorte, Fiz!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.