O Compos non despega na casa

6 de Outubro de 2024
Santi de Prado loitando contra un rival no partido do Compos contra o Escobedo no Vero Boquete
Kike, baixo a choiva, despexando un balón
Roque entre dous rivais, nunha das accións da primeira metade
  • Tras tres vitorias seguidas, o Compos volveu caer no Vero Boquete, 1-2

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2024

O Compos chegaba ao Vero Boquete con tres vitorias consecutivas, pero non puido manter a súa dinámica positiva. Os nosos caeron 1-2 contra o Escobedo, acusando os dous golpes dos visitantes no primeiro tempo. Manu Barreiro, no desconto do partido, anotou o gol branquiazul, o seu primeiro da tempada.

Agora toca levantarse porque vén outra semana de dous partidos. O primeiro, o mércores, ás 19.30 horas, contra o Sestao River, na Copa RFEF; e o domingo, en Santander, ás 12.00 horas, contra o Rayo Cantabria.

FICHA TÉCNICA

1 – SD COMPOSTELA: Rabanillo; Santi de Prado (Manu Barreiro, min.63), Roque, Kike, David Soto, Ocaña; Álvaro Casas, Samu (Trasi, min.54); Fer Cano (Landeira, min.71), Manu Rivas (Hugo Matos, min.46) e Carlos Cinta (Giuliano, min.71).

2 – UM ESCOBEDO: Laro; Edu Fontán, Picón (Cagigal, min.56), Morales, Fermín; Raúl, Izam; Juan Casar (Víctor, min.88), D. Somaza (Mario Bastante, min.65), Aarón (Gon, min.65); e Saza.

GOLES: 0-1: Edu Fontán, min.18; 0-2: Saza, min.34; 1-2: Manu Barreiro, min.90.

ÁRBITRO: García Presa (Castela e León). Amoestou a Carlos Cinta e Manu Barreiro, polo Compos; e a Picón e Cagigal, polo Escobedo.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 6 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 1.230 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.