Ransford Selasi, experiencia e poderío físico para o medio

7 de Outubro de 20241
  • O mediocentro ganhés Selasi, con experiencia na Primeira RFEF, firma ata final de tempada

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2024

Un reforzo para apontoar o centro do campo do Compos. Ransford Selasi é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2024/25. O mediocentro ganés, con experiencia na Primeira Federación, estaba libre trala súa última campaña na UD Melilla. Firma ata final de tempada.

Selasi é un todocampista que destaca polo seu poderío físico e a súa capacidade para abarcar moito campo. Aos seus 28 anos, conta ás súas costas cunha importante experiencia futbolística, pasando polo fútbol italiano, suízo e español.

A súa carreira futbolística arrincou en Italia, nas categorías inferiores do Pescara, compaxinando o conxunto Primavera co primeiro equipo. No país da bota estaría tamén no Novara, no Fano e na Juventus Next Gen. En total, disputaría 56 encontros en Serie B, 41 en Serie C e 5 de Copa Italia. Ademais, lograría un histórico ascenso a Serie A co Pescara.

De Italia pasou a Suíza, onde xogaría no Lugano e no Kriens, disputando 7 encontros na Superliga e 43 na segunda categoría.

E tras tres campañas en Suíza, chegou a España, recalando nas filas do Ceuta, de Primeira Federación, conxunto polo que fichou no mercado invernal. Xogaría 15 encontros, trece deles coma titular, para superar os 1.000 minutos de xogo.

E o pasado ano, comezou a tempada no Estepona, de Segunda Federación, xogando 15 partidos, doce de titular, na primeira volta; e acabaría na UD Melilla, de Primeira RFEF, equipo no que tamén sería un puntal no centro do campo, disputando 14 encontros, dez deles de inicio.

Con toda esa experiencia, chega a Compostela con gañas de seguir demostrando o seu nivel, deixándoo todo no campo polo bo facer do equipo.

Con moita ilusión e en plena forma, xa que vén de estar adestrando cun equipo do seu país natal, sumouse xa aos adestramentos do equipo e está ao dispor do corpo técnico para xogar esta mesma semana.

Benvido, Selasi!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 PARTIDO PATROCINADO🐟🍏🥩 O Mercado de Abastos de Santiago patrocina hoxe o #composastorga💚 Con motivo do patrocinio da Praza, esta tarde xogaremos coa nosa segunda equipaciónImos!! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Atletico Astorga 🏟️ Vero Boquete🕔 17:00 horas🎟️ Entradas Online nas Historias Destacadas📺 En Xogo 🙌 A seguir coas boas sensacións!#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Atletico Astorga 👉 Os nosos para a cita de mañá na nosa casa! Recupéranse Edu González e Álex Gil#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 PREVIAO Compos recibe ao Atletico Astorga F.C. en busca do seu segundo triunfo consecutivo🗓️ Os nosos xogarán o sábado ás 17 horas co obxectivo de consolidar as boas sensacións obtidas no Vao📸 Ignacio Castaño Gómez#composatléticoastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso capitán, 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨Moitos parabéns, Crespo!!A celebralo mañá cunha vitoria e que veña acompañado de moitos éxitos 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.