O Compos deixa escapar dous puntos nas Somozas

26 de Abril de 2026
Antón Guisande foi un dos destacados do Compos nas Somozas.
Samu, capitán, estivo imperial no centro do campo.
Momento do remate de cabeza de Antón Guisande para o gol no Manuel Candocia.
Antón Guisande celebrando o seu gol coa afección.
Charly xogou de titular e forzou un penalti.
Diego Uzal xogou no centro da zaga.
Unai Peón estivo moi activo na medular, roubando moitos balóns.
  • Os nosos viron como a súa renda se escapaba nos últimos minutos tras unha gran segunda parte

As Somozas, 26 de abril de 2026

Tivo o Compos a vitoria en As Somozas pero, como noutras xornadas, o triunfo escapouse nos últimos minutos. Tras unha boa segunda parte e pórse por diante no marcador, os nosos non puideron aguantar a renda e viron como o cadro local empataba desde os once metros. 1-1 final.

O duelo no Manuel Candocia estivo dominado de principio a fin por un Compos que buscou con afán a portaría de Iago. Na primeira, tívoas, sobre todo, nas botas de Cañi, pero sería na segunda parte cando comezaron a chegar as ocasións a varrer.

Dous mans a mans de Diego Rodríguez e Antón Guisande, ambos sacados por Iago, e un centro de Cañi, despexado sobre a liña por Dopico con Charly relambéndose para empuxala, foron o preludio do gol branquiazul. Cañi lanzou un córner que Antón Guisande cazou coa cabeza para aloxalo na rede. 0-1.

O máis difícil logrouse e puido ser mellor, porque dous minutos máis tarde, Iago facía un penalti sobre Charly. Encargouse Cañi de lanzalo, como noutras xornadas, pero Iago aguantou no medio e despexou o lanzamento do noso extremo.

Grazas a esa parada, o Somozas seguía vivo e o aproveitouno no oitenta. Nun rexeite dun córner, a pelota pegou na man de Diego Uzal e o árbitro sinalou penalti. Cambón, desde os once metros, enganou a Cobo e puxo o empate.

Quedaban dez minutos e o Compos foise con todo arriba, cargando a área con centros continuos, pero non atoparon bos remates.

Así, con este empate, o Compos queda segundo, a dous puntos do Arousa, dependendo dun erro para poder asaltar a praza de ascenso directo.

FICHA TÉCNICA

1 – UD SOMOZAS: Iago Domínguez; Asier, Dopico, Mariña, Cabarcos; Fanego, Bruno, Óscar, Iñaki; Cambón e Jose (Pablo, min.61).

1 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Diego Rodríguez, Diego Uzal, Pablo Crespo, Damián Noya (Aarón Martínez, min.86); Samu (David Rosón, min.73), Unai (Parapar, min.86); Armental, Antón Guisande, Cañi (Goris, min.73); e Charly (Maceira, min.73)

GOLES: 0-1: Antón Guisande, min.61; 1-1: Cambón (p.), min.81.

ÁRBITRO: Pedro Castro (Lugo). Amoestou a Iñaki e Iago Domínguez, polo Somozas; e a Secho, Samu e Antón Guisande, polo Compos.

INCIDENCIAS: Campo Municipal Manuel Candocia (As Somozas). Xornada 32 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado cunha gran presenza de afeccionados do Compos na bancada.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-0️⃣ Sestao River Club⚽️ Unai Peón | Antón GuisandeA PRIMEIRA, NA CASA 🩵🤍TRES PUNTOS DE OURO QUE SABEN MOI BEN 💪💪GRAZAS A TODOS POLO APOIO DENDE A BANCADA 👥🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-0️⃣ Sestao River Club 📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.