O Rácing de Ferrol gaña en San Lázaro ante unha S.D. Compostela combativa pero en inferioridade numérica

30 de Novembro de 2015

FOTO CÇRONICA

S.D. COMPOSTELA (0): Pato, Josu, Jimmy, Sergio Sánchez, Catú, Javi Moreno, Jordan, Joaquín-(Jesús Varela), Orbegozo, Dani Hernández-(Mon), Fondevila-(Gerard Oliva).

R.C. DE FERROL (2): Mackay, Garrido-(Diego Vela), Maceira, Víctor Váquez, Galobart, Iván Forte, Heber-(Jaume), Borja, Joselu, Pablo Rey (1), Peláez-(Marcos Álvarez)(1).

O estadio de San Lázaro viviu un derbi apaixonante no terreo de xogo e tamén nas gradas. Magnífica tarde de fútbol no estadio santiagués, con ambiente de derbi, e con dúas afeccións que non deixaron de animar e entonar cánticos a favor dos seus equipos.
A afección respondeu á cita; era un partido moi atractivo.

O Compostela enfrontábase ao líder destacado do grupo, un Rácing do Ferrol ao que Alberto Mariano asegurou terlle respeto pero non medo. E baixo esta premisa os xogadores da S.D. Compostela saíron ao terreo de xogo cunha actitude loitadora, dispostos a sumar a segunda vitoria consecutiva. Poder sumar tres puntos e ademais ante o líder, era un gran aliciente para a Esedé.

O partido comezou con dominio alterno por parte de ambos equipos. Demasiado respeto e poucas chegadas a área rival. Héber por parte do Rácing e Fondevila e Jordan no Compostela, dispuxeron das primeiras ocasións.

Con todo, o guión do partido mudou repentinamente no minuto 38 cando o colexiado expulsou a Jordan. O xogador do Compostela vía a segunda tarxeta amarela por unha dura entrada e desde ese momento o partido tomaba outros derroteros. A expulsión condicionou o xogo do Compostela e permitiu ao Rácing de Ferrol adiantar liñas para intentar buscar os tres puntos.

A primeira parte finalizou cun empate sen goles. Por diante quedaban 45 minutos e o Compostela debía buscar a fórmula para contrarrestar a súa inferioridad numérica ante un dos equipos máis ofensivos da liga. Para gañar presenza no mediocampo e maior movilidad, Alberto Mariano realizou modificacións na reanudación do xogo. Jesús Varela entrou por Joaquín e Mon por Dani Hernández.

Na segunda metade foi o Rácing quen tomou as rendas do partido. Con Joselu, Heber e Peláez como tridente ofensivo, tivo que aparecer a mellor versión de Pato para evitar o gol dos departamentais.

Con todo no minuto 74, unha falta na frontal da área foi resolta de modo maxistral por Pablo Rei. O Rácing lograba abrir o marcador cun lanzamento perfecto por parte do capitán verdiblanco, imposible para Pato.

Lonxe de descompoñerse, tras encaixar ese tanto de Pablo Rei, o Compostela adiantou liñas e buscou con descaro o empate coa entrada no campo de Gerard Oliva. Con Orbegozo e Gerard Oliva, a Esedé tivo varios achegamento no área do Rácing pero careceu de fortuna nos metros finais. A máis clara, sen dúbida, no minuto 89, cun remate de socato dentro do área de Gerard Oliva que se marchou moi desviado.

Co Compostela entregado na procura do empate, o Rácing aproveitou unha contra para matar o partido xusto cando se iniciaba o tempo de prolongación. Boa xogada entre Diego Vela e Márcos Álvarez, que resolve o veterano dianteiro racinguista para poñer o balón lonxe do alcance de Pato.

Malia esta derrota por 0 goles a 2, ao término do partido, Alberto Mariano, adestrador da S.D. Compostela, quixo animar ao seu persoal xa que “o equipo traballou moito e a lectura polo tanto ten que ser positiva xa que demostramos que podemos competir con calquera equipo”.

Logo desta derrota, a S.D. Compostela afrontará o terceiro derbi galego consecutivo o vindeiro domingo, ás 16.30h. no campo de Ou Vao, diante do Coruxo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmado o horario para a xornada intersemanal da próxima semana⚽️ 𝐗𝟐𝟔🆚 UD Barbadás 🗓️ Xoves, 19 de marzo🕠 17:30 horas🏟️ Os CarrísXogaremos o xoves en Barbadás! 🙌#barbadáscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Alondras C.F. ⚽️ Previa do noso técnico antes do regreso dos nosos ao Vero Boquete, este sábado ás 18:00 horas, co obxectivo de regresar á senda da vitoria#composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👨‍⚕️ PARTE MÉDICO Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud⚽️ 𝐉𝐨𝐚𝐪𝐮𝐢𝐧 𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 As probas realizadas ao noso canteirán confirmaron un desgarro parcial do ligamento lateral interno do xeonllo dereito👉 O mediocentro xa iniciou tratamento e traballo de recuperación, baixo a supervisión dos servizos médicos e de readaptación do clubMoito ánimo, Goris! Volverás máis forte! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Esta semana agardámosvos o sábado na nosa casa🤝 Partido patrocinado polo ximnasio 𝐂𝐥𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭 𝐂𝐥𝐮𝐛 𝐒𝐂𝐐, "la Fábrica de Campeones" ⚽️ 𝐗𝟐𝟓🆚 Alondras C.F. 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#ComposAlondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.