Un gol no desconto provoca a derrota da S.D. Compostela en Tafalla

18 de Xaneiro de 2016

Foto_Peña Sport

 

A pesar do estreo de Fredi no banco santiagués, a S.D. Compostela segue sen atopar o camiño do gol. O desacerto e a escasa fortuna volveron facer mella novamente na Esedé, prolongando unha dinámica negativa que precisa canto antes un xiro radical. O partido ante o Peña Sport presentábase como unha boa oportunidade para levarse os tres puntos ante un rival directo, pero o conxunto local logrou deixar a vitoria na seu feudo grazas a un gol de Cardo no minuto 92.

Ao pouco de empezar o partido os reflexos de Pato salvaron ao Compostela de encaixar o primeiro tanto nunha clara ocasión do Peña Sport; acción que servía de aviso para os homes de Fredi Álvarez, coñecedores de que non llo ían a poñer nada fácil en Tafalla. Durante a primeira metade o Compostela logrou controlar o partido, evitando accións de perigo na súa área. Mentres, en ataque, a Esedé dispuxo de dúas boas accións para marcar; un remate de Orbegozo e outro de Bicho de cabeza, pero o escaso acerto provocou que ambos equipos marchasen ao descanso sen goles no marcador.

Na reanudación a S.D. Compostela tivo os seus mellores minutos e dispuxo dalgunha ocasión para marcar; pero tamén o Peña Sport empezou a adiantar liñas buscando os tres puntos. Eran minutos de intercambio, sen claro dominio, e onde os dous porteiros -Pato e Tanis, -o porteiro do Pena Sport-, lograban manter o choque sen goles grazas ás súas boas intervencións.

Joaquín tivo unha boa oportunidade cando se facía cun rexeite na área tras unha boa acción pola banda dereita, pero o seu remate non viu o camiño do gol. Todo facía indicar que Fredi debutaría cun empate en Tafalla pero no tempo de prolongación, no último minuto do engadido, chegaba o queixume para a S.D. Compostela. O Peña Sport pechaba o partido cun 1- 0 tras un centro desde a banda dereita que remataba de cabeza Cardo. Un tanto que outorgaba os tres puntos aos de Tafalla e deixaba á Esedé desmoralizada ao ver que cada xornada a brecha cara á permanencia agrándase.

Con todo aínda quedan moitos partidos por disputar; hai marxe de manobra, a segunda volta non fixo máis que comezar. Polo de súpeto a próxima cita será o sábado que vén en San Lázaro ás 18:00h e ante o Izarra.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 CORUXO F.C. 🏟️ O Vao🕔 17:00 horas🎟️ 15€ - Xeral | Gratis - Menores ata 14 anos📺 En Xogo 🙌 Todos xuntos, para saír adiante! 📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🧐 Preparados para mañá!💪🏟️ Concentrados e mentalizados para sumar de 3⃣ no Vao 📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.