Dúas novas incorporacións para o novoproxecto da SD

29 de Xuño de 2016
82236
Alberto Lamas “Make”. Fuente: lapreferente.com

Alberto Lamas Verdes “Make” e José Manuel Rodríguez Casais “Cardeñosa” son oficialmente a cuarta e quinta fichaxe do conxunto dirixido por Yago Iglesias para a tempada 2016-17. Dous xogadores que chegan ao conxunto compostelán cunha gran traxectoria baixo o brazo no primeiro grupo da terceira división española.

“Make” é un mediocentro de 25 anos procedente do Rácing Vilalvés, co que xogou as últimas seis tempadas, despois de abandonar as categorías inferiores do Lugo no 2010. Co conxunto de Vilalba, o curso pasado disputou 36 encontros coma titular, perdéndose tan so un por acumulación de cartóns, mentres que saíu de suplente no último choque de Liga contra o Arousa, cando o equipo xa non se xogaba nada. Neses 37 partidos xogados, o centrocampista de Lugo anotou seis goles, unha cifra moi boa para un xogador que ocupa a súa posición.  

Pola súa banda, “Cardeñosa”, de 29 anos, é un defensa central que provén do Arousa CF, co que disputou a tempada pasada 25 encontros, 22 deles saíndo de inicio. Unha cifra que se viu afectada pola lesión no ombreiro que lle fixo perder o inicio da competición. Anteriormente, xogou cinco cursos no CD Boiro, catro deles sendo o capitán do equipo.

Con estas dúas incorporacións, o Compos segue conformando o plantel para o novo curso. Un proxecto que nas próximas horas contará con máis caras novas, xa que tanto Yago Iglesias como a comisión deportiva están traballando arreo para atopar os xogadores axeitados e que desexan, canto antes.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
👨‍⚕️ PARTE MÉDICO Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud⚽️ 𝐉𝐨𝐚𝐪𝐮𝐢𝐧 𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 As probas realizadas ao noso canteirán confirmaron un desgarro parcial do ligamento lateral interno do xeonllo dereito👉 O mediocentro xa iniciou tratamento e traballo de recuperación, baixo a supervisión dos servizos médicos e de readaptación do clubMoito ánimo, Goris! Volverás máis forte! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Esta semana agardámosvos o sábado na nosa casa🤝 Partido patrocinado polo ximnasio 𝐂𝐥𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭 𝐂𝐥𝐮𝐛 𝐒𝐂𝐐, "la Fábrica de Campeones" ⚽️ 𝐗𝟐𝟓🆚 Alondras C.F. 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#ComposAlondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comeza a semana para preparar o regreso ao Vero Boquete dos nosos tras tres xornadas#composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINALClub Deportivo Lugo B 1️⃣-0️⃣ COMPOS📸 Nacho Castaño #LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metade 💪⚽️ Seguimos a polo triunfo en Lugo!📸 Nacho Castaño #LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.