Dúas renovacións e unha fichaxe para a SD

30 de Xuño de 2016
José Ramón Vives González "Mon", nun partido desta campaña
José Ramón Vives González “Mon”, nun partido desta campaña.

Santiago de Compostela, a 29 de Xuño de 2016

A SD Compostela pechou na tarde de onte as renovacións de Lucas Díaz Parcero e José Ramón Vives “Mon”, ademais da fichaxe de Julian López Moure, os cales asinaron por unha tempada co cadro compostelán.

Yago Iglesias dixo na súa presentación que buscaban xente de Santiago de Compostela ou arredores e que pretendía un equilibrio entre xente nova, pero experta na categoría, e xogadores máis veteranos, para conseguir o empaque necesario para lograr os obxectivos. Uns requirimentos que veñen cumprir estes tres novos xogadores, xa que todos eles residen na capital de Galicia.

Lucas Díaz Parcero (10/05/96) é un porteiro de 20 anos, canteirán do Compos. Cos branquiazuis debutou no 2014, cando aínda era xuvenil, nun encontro co Logroñés, o seu debut e único partido disputado ata a data con eles. Aínda que seguiu alternando o Xuvenil de Liga Nacional co Primeiro Equipo, nunca volveu xogar.

O curso pasado, en busca de minutos, Lucas foi cedido ao Estudantil de Preferente Norte, onde xogou 13 partidos, axudando a que o conxunto santiagués salvase a categoría.

O segundo renovado é José Ramón Vives González “Mon” (02/09/1994), mediapunta de 21 anos, canteirán do club, que disputou as últimas dúas campañas co primeiro equipo.

“Mon”, a pesar da súa mocidade, xa coñece a categoría, xa que no 2013, saíu cedido ao Grixoa, onde xogou 34 partidos, 30 deles como titular, nos que anotou 3 goles. De volta á SD, este último curso conseguiu o protagonismo que non tivo na anterior campaña. Nesta tempada disputou un total de 18 encontros oficiais, 9 deles como titular, anotando outras tres dianas.

Por último, a SD ficha a Julián López Moure (04/03/86), mediocentro procedente do Ordes. O xogador de 30 anos é todo un experto na categoría, na que leva desde o 2013. Julián xogou no Santa Comba, Boiro e Ordes, sendo un referente en todos estes conxuntos.

O último curso disputou 20 encontros, 16 deles de titular, cifra que se viu afectada por unha lesión. En total foron 1408 minutos nos que anotou dous goles. A pesar diso, foi unha xogador clave nos últimos encontros de Liga, nos que o Ordes conseguiu tres vitorias de cinco partidos, logrando a salvación por apenas dous puntos.

Con estes tres novos xogadores son oito os que xa conforman o plantel da SD Compostela para a nova tempada. Así, o club segue traballando para conseguir máis xogadores polo que haberá máis novidades nas próximas horas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de traballo para a volta da finalísima👉 Xornada para recuperar folgos e comezar a preparar o encontro no Municipal de Badalona💪 Queda un encontro e imos a por todas para acadar o obxectivo#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 90 minutos por diante para acadar o obxectivo🫂 Este domingo, co voso apoio, desde Badalona, Compostela ou desde as vosas casas, a polo ascenso🆚 CF Badalona ⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 21/06🕧 12:30 horas🏟️ Municipal de Badalona#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos da un importante paso na finalísima, coa axuda de todos, tras gañar 3⃣-0⃣ na casa 💪 Valeron os goles de Valín, Antón Guisande e Charly🔜 Quedan 90 minutos en Badalona para defender a renda 👉 sdcompostela.com/gl/2026/06/14/compos-3-0-badalona-finalisima/📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Vecho⚽️ O segundo adestrador, hoxe no banco pola sanción a Secho, analizou na sala de prensa o bo resultado, 3⃣-0⃣, na ida desta final nacional polo ascenso#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-0️⃣ CF Badalona⚽️ Valín, Antón Guisande e CharlyQUEDAN 90 MINUTOS!!! 🩵🤍SEGUIMOS PASO A PASO A POLO OBXECTIVO 💪💪GRAZAS A TODOS, UNHA VEZ MÁIS, POR ESTE AMBIENTAZO!!! SEGUIMOS TODOS XUNTOS!!! 🫂📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.