Fin de festa do I Campus de Verán SD Compostela

4 de Xullo de 2016
Foto de familia do I Campus SD Compostela
Foto de familia do I Campus SD Compostela

Santiago de Compostela, a 4 de Xuño de 2016

O I Campus de Verán SD Compostela cerrouse o pasado venres coa visita de Antonio Quinteiro, presidente da entidade; Manu Castiñeiras, ex xogador da SD, actual delegado da Federación Galega de fútbol en Santiago e membro axudante da comisión deportiva do club; e Javier Bellido, ex xogador da SD e director da canteira do conxunto compostelán.

Neste último día, sorteáronse as camisetas conmemorativas do propio Javier Bellido e de Nacho, xentileza de ReiZentolo. Ademais, a todos os participantes regalóuselles un queixo da denominación de orixe Arzúa Ulloa, cortesía de Queixería Barral, e un diploma acreditativo como participantes deste campus.

Pechouse desta forma a primeira edición do Campus SD Compostela. Unha primeira experiencia moi gratificante na que os nenos participantes recibiron os consellos e experiencias persoais de xogadores como Manu Barreiro, “Mon”, Chiño ou Juan Rey, dun árbitro, Óscar Martínez Santos, ex futbolistas como Javier Bellido e Manu Castiñeiras e directivos, da man do noso presidente Antonio Quinteiro; ao mesmo tempo que adestraron e se prepararon con conceptos tácticos e futbolísticos.

En total foron cinco días cunha actividade frenética, que deixan tanto aos nenos como aos membros do club que participaron cun gran sabor de boca. Agradecemos deste modo a todos os participantes e a todos os patrocinadores que permitisen que este campus se puidese realizar. Pretendemos así, que esta primeira experiencia se manteña nos cursos vindeiros, dado ao éxito deste primeiro ano.

 

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos desfrutan hoxe da xornada de descanso, para comezar a preparar desde mañá o último encontro da primeira volta🏟️ Cinco sesións para buscar o triunfo na estrea na nosa casa neste 2026#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 O Compos iniciou o 2026 da mellor maneira: nova vitoria para seguir invictos e nova portería a cero👉 sdcompostela.com/gl/2026/01/11/dobrete-anton-guisande-0-2-2026/📸 Nacho Castaño #estradensecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALClub Deportivo Estradense 0️⃣- 2️⃣ COMPOS⚽️⚽️ Antón GuisandeA MELLOR MANEIRA DE COMEZAR O 2026! 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍Cuarta vitoria seguida e de novo coa portería a cero 💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #estradensecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metade 💪⚽️ Seguimos ata o final📸 Nacho Castaño #estradensecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOClub Deportivo Estradense 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Antón Guisande📸 Nacho Castaño #estradensecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.