Un novo dianteiro para a SD

7 de Xullo de 2016
Santi Fernández. Fuente: lapreferente.com
Santi Gegunde. Fuente: lapreferente.com
  • Chiño non seguirá no equipo e Pablo Fuentes continúa como adestrador de porteiros.

Santiago de Compostela, a 7 de Xullo de 2016.

A SD Compostela pechou esta mañá a contratación por unha tempada do seu segundo dianteiro centro, Santiago Fernández Gegunde “Santi”, que procede do CD As Pontes.

Santi Fernández (18/10/1993) é un dianteiro de 22 anos con catro anos de experiencia na terceira división galega.

O xogador nacido en Navia (Asturias), tras pasar polas categorías inferiores do Lugo, deu o paso a sénior grazas ao Narón Balompé. Con eles xogou 29 partidos, anotando catro goles.

Logo deste curso, Santi foise ao As Pontes, co que continuaría xogando ata este verán. No equipo coruñés, o dianteiro asturiano foi gañando peso en cada un dos tres cursos que xogou alí. Comezou relegado á suplencia, pero pouco a pouco foi  conseguindo un posto no equipo titular. En total, disputou 76 encontros de liga, marcando vinte dianas, unhas cifras que se viron incrementadas en gran medida nesta última campaña, na que participou en 36 encontros de liga e anotou once goles, sendo un dos máximos artilleiros da categoría.

Pola súa banda, outro dianteiro, José Joaquín Bertua Fontenla “Chiño” non seguirá nas filas do Compos, logo de que ambas partes non chegasen a un acordo para a súa renovación.

Dende o club, queremos agradecer a labor que “Chiño” fixo pola nosa entidade, e desexarlle a maior das sortes para os seus proxectos de futuro.

Por último, tamén se deu a coñecer que Pablo Castro Fuentes, adestrador de porteiros da SD, continuará un ano máis ocupando o seu cargo dentro do corpo técnico do equipo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOUArosa SC 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.