Tres de tres e o Compos xa está nas semifinais da Copa Deputación

11 de Agosto de 2016

20160810_190212

Santiago de Compostela, a 11 de Agosto de 2016.

Suma e sigue para o Compos na Copa Deputación. O conxunto de Yago Iglesias segue pasando roldas e xa está clasificado para as semifinais, onde se verá as caras co Boiro.

Onte, nos cuartos, a súa vítima foi o Somozas, conxunto de superior categoría, pero que se viu dominado por unha SD, que ademais realizaba o seu debut no seu campo, en San Lázaro.

Para este primeiro partido, o técnico santiagués repetiu un once similar ao que xa se vira no campo de Cabanetán, en Lesende, con tan só tres variantes: David Rey por Cardeñosa, Diego Rey por Julián e Tomás por Mon.

Estes tres xogadores, acompañados dos outros oito, saíron ao campo sen complexos, sen nada que perder. Demostrando a día de xogo que quere o técnico. Querendo o balón e facendo xogadas trenzadas.

Con este estilo, o Compos tivo a súa primeira ocasión nas botas de Tomás, o cal rematou mordido un balón que lle quedara franco dentro da área.

Máis tarde, no 40, Mitogo contou coa máis clara. Nunha boa xogada ao primeiro toque, o balón chegoulle ao extremo berciano no pico da área pequena, pero o seu disparo coa perna dereita foise desviado.

Entre mentres, o Somozas case aproveita o seu único achegamento, que chegou cun erro da defensa, que lle regalou o balón a Arkaitz, pero Lucas reaccionou rápido e puido evitar o gol.

Acabou así unha primeira parte con máis xogo que ocasións, unha tónica que rapidamente cambiou o Compos.

No minuto dous do segundo tempo, un centro de Diego Rey era despexado pola defensa de cabeza, pero o balón quedou botando no borde da área e Samu, que xa viña de marcar contra o Paiosaco, aproveitouno para mandar cun potente disparo o balón ao fondo das mallas de Mandaluniz.

Co gol, o Compos reduciu o ritmo de xogo, mantivo o control e so o intentaba con rápidos contraataques, mais todos acabaron do mesmo modo, falta do Somozas, e tarxeta amarela.

Tal foi o control, que a única xogada na que se empregou Lucas foi no 80, nun centro lateral que lle caía nos pes a Iñigo, que so tería que empurrala, pero que o meta local despexou abaixo con contundencia.

O Somozas xa estaba superado, agora a pensar no Boiro e a gozar dos dous partidos amigables desta semana, contra a UD Ourense e o Triangular Vila da Estrada.

Ficha técnica:

1- SD Compostela: Lucas; Saro, David Rey, Santi Taboada, Cabrejo; Samu (Ander, min 93); Diego Rey (Martín, min 53), Tomás (Julián, min 68), Make, Mitogo (David Noqueira, min 88); e Santi Gegunde (Mon, min 82).

0- Somozas: Manda; Sergio, Fran No (Pablo, min 65), Antonio, Isi (Toni, min 67); Adrián (Iván Pérez, min 67), Baleato, Fran Núñez (Íñigo, min 55), Javi Ram (Artabe, min 57), Amaro; e Arkaitz.

Goles: 1-0, min 47: Samu.

Árbitro: Vidal Fonseca. Amoestou con tarxeta amarela ao local Santi Taboada e aos visitantes Fran No, Pablo, Antonio, Adrián e Baleato.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
📋⚽️ Carlos de Lerma1️⃣ Edu Sousa3️⃣ Miguel Prado4️⃣ Unai Peón6️⃣ Damián Noya🔟 Parapar1️⃣4️⃣ Jordan1️⃣6️⃣ Rafa de Vicente1️⃣8️⃣ Dani González1️⃣9️⃣ Buba2️⃣2️⃣ Uzal ©️2️⃣4️⃣ Turbi📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
Hoxe, xogamos! 🩵🤍🆚 CDLalín 🕢 19:30 horas🏟️ Novo Campo do Doce🎟️ 5€🏆 VII Trofeo Vila de Padrón#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📸🩵🤍 Toxo Telecom 📲 Recorda, se eres abonado do Compos e contratas a tarifa de Fibra e Móbil de #toxo, devolveránseche as cotas ata o importe total do abono👉 Tamén gozarás dun 10% de desconto nas cotas ata final de tempada🤝 Grazas polo apoio e por recibirnos hoxe na presentación oficial de Buba e Mario Hermo como novos xogadores do Compos📌ℹ️ Pásate pola nova oficina de Toxo en Xeneral Pardiñas, 21, e coñece todas as vantaxes da compañía de telecomunicaciósn galega ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.