Obxectivo: Seguir sumando

4 de Setembro de 2016
Ube, en el partido del miércoles contra el As Pontes.
Ube, no partido do mércores contra o As Pontes.
  • O Compos xogará este domingo na Illa, contra o Céltiga, co obxectivo de comezar a sumar fóra de casa.

Santiago de Compostela, a 2 de Setembro de 2016.

Tras a vitoria do fin de semana pasado contra o Ribadumia, o Compos encara a terceira xornada de Liga con maior tranquilidade. O cadro santiagués visitará A Illa de Arousa para enfrontarse ao Céltiga, un equipo recentemente ascendido á Terceira División, pero que comezou a competición a un gran nivel, sumando catro dos seis puntos posibles.

O conxunto de Yago Iglesias visitará un campo dos de toda a vida, dos míticos. Deses nos que os espectadores están a escasos centímetros do xogador. Por tanto, chegarán a un campo complicado, onde o ambiente será un factor en contra que terán que lidar.

Esta situación coñécena tanto xogadores como corpo técnico, polo que irán mentalizados do que se atoparán, como así o demostran as declaracións de Yago Iglesias.

“Non é un campo nada fácil, a xente aperta moito e están moi preto dos bancos e o campo. Ademais, vai sempre a lume de biqueira co seu equipo. Imos atopar cun escenario no que temos que estar moi concentrados para sacar o partido adiante”, sinala o técnico.

Con todo, na visita ao Salvador Otero non só se medirán ao público, senón que enfronte terán a un duro rival que, a pesar de debutar na categoría, completou un gran plantel, e así o demostran os resultados logrados nestas dúas xornadas, unha vitoria contra o As Pontes e un empate na súa visita ao Dubra.

“É un equipo moi rocoso e moi ben compensado. A pesar de ser un recentemente ascendido, reforzouse moi ben”, di Yago.

O choque chega tras a eliminación do mércores en Copa Federación, un tropezo que non afectará ós xogadores, xa que teñen claro que os seus obxectivos están na competición ligueira. Por iso, a vitoria do sábado en San Lázaro, foi vital. “O equipo necesitaba eses tres primeiros puntos para soltarse e para ir mellorando na competición”, comenta o adestrador.

Unha derrota que permitirá ademais contar con toda a semana para adestrar. “Levamos sete semanas xuntos, nelas non tivemos nunca semanas limpas para adestrar e a pesar diso o equipo vai asimilando as cousas. Semana a semana, os xogadores coñécense máis e nós a eles. Imos vendo que calidades técnicas nos poden dar e o equipo progresa adecuadamente”, afirma Yago Iglesias.

Nesa progresión axuda que os xogadores tocados se vaian recuperando das súas lesións, como é o caso de Martín. “Leva adestrando toda a semana ben e este fin de semana xa pode entrar na convocatoria”.

Quen segue apartado do grupo é Cardeñosa, que aínda non se recuperou da súa lesión en Abegondo. Ademais, tamén será dúbida Diego Rey, xa que “leva toda a semana adestrando con molestias no xeonllo”.

Por tanto, con 21 ou 22 xogadores dispoñibles, entre hoxe e mañá, Yago terá que decidir a quen convoca para a súa visita ao Salvador Otero. Un partido no que espera contar co apoio da afección, como así o notou cando viaxaron a Abegondo, na primeira xornada de Liga, ou a Boiro, na Copa Deputación.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Xa dispoñible á venta a nova camiseta do Compos!!🙌 Na #compostenda ou na web de Fútbol Emotion 📲 www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela🎟️ RECORDA que se eres abonado, tes un 10% de desconto!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, @samurodriguez14Sempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, SamuSempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.