KIA aposta polo deporte local e a SD polos xogadores santiagueses

9 de Setembro de 2016

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://www.youtube.com/watch?v=QgQkpwgRq_k” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Julián, Saro e Samu foron presentados oficialmente en Compostela Concesionario, nun acto que presentou Ramón Castro.

Santiago de Compostela, a 9 de Setembro de 2016.

Presentado por Ramón Castro, Concesionario Compostela acolleu as presentacións de tres puntais do novo proxecto da SD Compostela. Dous veteranos e con experiencia, e outro novo pero que lidera o centro do campo como se tivese 35. Julián, Saro e Samu, tres picheleiros de pura raza foron os tres xogadores presentados na sede cuxo referente é KIA, patrocinador oficial da SD por sétimo ano consecutivo.

Neste acto, o xerente de Compostela Concesionario,  Aurelio Novoa, quixo afianzar o compromiso que ten a KIA co deporte local de Santiago, unhas directrices que van en relación ao traballo da sede central da empresa. Así, recalcou que eles estarán aí para animar o equipo, co obxectivo de recuperar a categoría de bronce do fútbol español.

“Despois dunha tempada convulsa, tanto os xogadores, como a xunta directiva e corpo técnico queren volver a Segunda División B, e aí contarán co noso apoio. Estaremos en San Lázaro animando ao equipo todos os partidos para que consigades esas metas”, afirmou Aurelio Novoa.

A presentación serviu para coñecer a tres xogadores locais, deportistas santiagueses que tras pasar por diferentes equipos dáselles a oportunidade en casa, en Santiago de Compostela.

Julián, que vén do Ordes, xogou en categoría cadete e dous anos de xuvenil co Compos e agora dáselle a oportunidade, aos 30 anos, en sénior. “Volver é algo que a todos os que pasamos por aquí, gústanos. A min chégame esta oportunidade con 30 anos e por iso estou moi feliz de volver a Santiago e ao Compos”, dixo.

Un regreso que non significará maior esixencia senón máis ilusión. “Gustaríame facelo ben neste regreso, pero non por ser santiagués ou volver, vou ter miradas especiais sobre a miña persoa”, afirmou.

O interior será unha das pezas importantes nun proxecto que “non ten présas, aínda que son dos que creo que imos estar aí arriba”.

O seguinte foi Saro. Un interior reconvertido a lateral que xa xogou para Yago a tempada pasada. O irmán de Jimmy, regresa ao conxunto no que estivo de pequeno, polo que sente moi satisfeito de regresar ao club. Unha nova etapa na que tentará “facelo o mellor posible”.

O lateral comentou que agradece o agarimo mostrado á súa persoa, uns agradecementos que veñen en consecuencia moitas veces por ser irmán de Jimmy, aínda que puntualiza: “Se algún espera que faga o que facía el, xa adianto que somos diferentes”.

Por último, Samu, que tamén vestiu a casaca do Noia a anterior campaña pretende “seguir crecendo” nun proxecto novo que lle ambiciona moito.

Aos seus 21 anos, admite que coa idade que ten, “nota a presión por ter que manexar o centro do campo”, aínda que “é co que calquera futbolista lle gustaría convivir e moito máis se queres crecer no fútbol”.

Foto: A.Hernández.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA a cita que temos mañá en A Grella con 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚, da Canteira Celeste, e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲, adestrador do Galicia de Mugardos!!!Será a derradeira sesión da #composescola desta tempada!!!Agardámoste 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella📚 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀 📚🙌 PECHE por todo o alto das Xornadas de Formación da #ComposEscola desta Tempada!!!💙 Será o próximo 𝐦𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 30, nas instalacións de A Grella braseria restaurante do camping As Cancelas de Santiago, e cunha sesión especial, na que teremos con nós a 2 grandes adestradores do Fútbol Galego: 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚 e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲!!!✍️ Agardámosvos!!! 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.