O capitán, o xuvenil e o veterano

9 de Setembro de 2016
  • Santi Taboada, Alberto Freire e David Rey foron presentados oficialmente no Pazo de Altamira, que renova patrocinio có Compos.

Santiago de Compostela, a 9 de Setembro de 2016.

Coma se dun chiste se tratase, o capitán do equipo, Santi Taboada, o xuvenil, Alberto Freire, e o veterano, David Rey, realizaron onte a súa presentación como novos xogadores da SD Compostela, nun acto presentado por Javier Puñal e que tivo lugar no Pazo de Altamira, patrocinador por segundo ano da SD Compostela.

Nesta renovación quixo facer fincapé, precisamente, Javier Puñal, director de Marketing, desenvolvemento e negocio da SD.  “Independentemente de que o ano pasado foi unha tempada convulsa, eles séguennos apoiando con máis forza que nunca e nese sentido estamos moi agradecidos”, dixo.

Ademais, quixo estender este agradecemento tamén a “O Curro dá Parra e O Xardín de Julia”, xa que a colaboración chega en conxunto con estes dous lugares. Unha unión que Javier espera que “se manteña moitos anos máis”.

Santi Taboada

Moitos anos máis, tamén pretende estar o primeiro dos xogadores que foi presentado, o capitán do equipo, e que regresa á SD tres anos despois, Santi Taboada.

“Quero progresar co Compostela. É un proxecto a longo prazo, tróuxose xente nova para iso e a min gustaríame ir crecendo á medida que o club”, comenta.

Será o seu regreso a un equipo no que “sigo vendo á mesma xente”. Un club do que mantiña “moitos amigos”, polo que sempre estivo a seguir os resultados do conxunto. Desde a clasificación á Copa do Rey, o ano posterior ao seu adeus, ata o descenso do curso pasado. Nese aspecto, Santi teno claro: “Estamos aquí para levantar este proxecto para arriba”.

O grupo encargado será, segundo Taboada, “un equipo novo, pero con experiencia”. Desde o primeiro día sentiuse moi cómodo e ve moi bo ambiente, “unha boa predisposición, que vai xerar as vimbias para ir cara arriba”.

Dese grupo el será o capitán, o guía de todos os seus compañeiros. Desde esa posición, o que quere conseguir é “facer grupo”. Tentar que todos “se manteñan o máis unidos posibles e preservar o bo ambiente, clave para as metas a alcanzar”.

Alberto Freire

Tras o capitán, chegou o xogador máis novo do plantel, Alberto Freire, quen ascende directamente desde a categoría xuvenil despois de que o corpo técnico lle dese a oportunidade ao xogador santiagués.

Esta oportunidade sorprendeulle moito, pero cre que é un bo exemplo para que os xogadores de categorías inferiores crean nas súas posibilidades. “Os mozos que están agora nos xuvenís teñen que pensar que, se o fan ben, van ter unha oportunidade”.

Alberto salta a unha categoría superior, aínda que xa debutou en Preferente fai dous cursos. Nesta nova etapa, “nótase o cambio de ritmo e sobre todo a experiencia da xente sénior, pero encantado de xogar contra eles”, asegura.

Aínda que nun principio tiña dúbidas polo rendemento que puidese dar, Alberto Freire afirma que sente “un máis do grupo” e que ten ao corpo técnico pendente de que todo lle vaia ben. En especial, Yago Iglesias, o técnico que lle deu a oportunidade de saltar ao primeiro equipo e ao que espera “responderlle de forma óptima á confianza posta en min”.

Para iso, “espero xogar o máximo posible, aínda que se non logro todo o que desexo, polo menos quero aprender ao máximo da xente que me rodea. Coller experiencia con xente tan veterana, pero tamén novos con anos na categoría”, concluíu.

David Rey

Por último, tocoulle a quenda a un dos veteranos do plantel, David Rey. Un xogador ao que a oportunidade lle resultou inesperada, xa que “non tiña pensado xogar ao fútbol”. Tras un curso moi intenso e moi longo, David Rey quería “desconectar un pouco do fútbol ata que me chamou esta xente e me deu a oportunidade”.

A xente que se encargou de animalo foron “compañeiros de campo e amigos”, polo que despois de que aceptasen a súa situación, accedeu rapidamente.

O central define ao grupo ao que chega como espectacular, “con moita xente nova de moitos equipos distintos, pero a maioría coñecidos de telos enfronte”, afirma.

Dentro del, xunto ao seu compañeiro no centro da zaga, conforman un tándem no que “tento manter a posición e que Santi xogue e corra, xa que ten unhas condicións espectaculares”, comenta.

A defensa está a ser o punto débil do conxunto ata o de agora, aínda que David Rey ten claro a razón á que se debe. “Vai na proposta, pero tamén en conxuntar a xente tan distinta e que veñen de equipos totalmente antepostos, con propostas totalmente diferentes. Aínda non nos coñecemos 100%, e aí é por onde están a chegar os erros que nos custan os goles”.

Por último, o central, que regresa á disciplina compostelá, analizou ao seu rival deste domingo, un Alondras candidato aos postos altos da clasificación. “Será un rival complicado. Mantén o bloque do ano pasado e o adestrador é dos mellores da categoría. A tempada pasada custoulle un pouco, pero este curso creo que van estar aí loitando. Aínda así, tentaremos que volvan de San Lázaro sen premio algún”, concluíu.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | 𝐌𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥 𝐀𝐥𝐨𝐧𝐬𝐨 🗣️ PREVIA do encontro deste domingo, ás 12.00 horas no Vero Boquete, ante o Real Oviedo Vetusta!!!🩵🤍 Hoxe acompañounos na rolda de prensa Fernando Leis, de O Pan de Leis, patrocinador do encontro!#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄𝐃𝐈𝐂𝐎𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬 🩵🤍👨‍⚕️ As probas realizadas a Pablo Antas polos servizos médicos confirmaron unha microrotura no músculo semitendinoso da súa coxa dereitaEstará de baixa dúas semanas!Moito ánimo, Pablo 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Onte estivo de aniversario o noso mariscal na zaga, Euse Monzó!!! 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Euse!!! 💪 Que veñan acompañados de moitos éxitos e que os celebremos xuntos!!!📸 Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual | Jesús Figueroa ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.