A canteira comeza as súas respectivas competicións ligueiras

9 de Setembro de 2016
  • O Xuvenil B, o Cadete e o Infantil A xogarán o segundo partido de Liga.

Santiago de Compostela, a 9 de Setembro de 2016

Arrinca o ritmo frenético de xornadas ligueiras para as categorías inferiores da SD Compostela. Despois do bo debut da semana pasada, este fin de semana será o Xuvenil A, de Liga Nacional, o que se una ao resto de conxuntos que comezaron xa a tempada.

O equipo xuvenil comezará o campionato contra o Coruxo FC, coa intención de igualar o bo resultado acadado o curso pasado no que rematou no cuarto posto. O partido será o sábado ás 18:00 no Campo de As Cancelas.

Pola súa banda, o Xuvenil B xogará fora da casa contra o Sálvora CF no campo Anexo A Fieiteira, o sábado ás 17:00. O conxunto santiagués tentará lograr a primeira vitoria da tempada, logo do empate a un gol da semana pasada contra o Atlético Fátima.

O Cadete, que a semana pasado gañou por oito goles a cero ao Rois de visitante, con sendos hat-trick de Marcos Andrade García e Gerardo Lago Torres. Tras esta goleada, o rival deste fin de semana será o CD Conxo B, o domingo ás 11:00 no Campo de As Cancelas. O Conxo chegará ao encontro despois de perder por un gol a catro contra o Sporting Estrada.

Por último, o Infantil A, que tamén gañou o sábado pasado, contra o Val do Ulla por un gol a dous, debutará en As Cancelas na temporada o sábado ás 11:00. O rival será o S.D. Valiño Cabo de Cruz, que tamén venceu 2-1 contra o Callobre CF.

FICHA PARTIDOS:

XUVENIL A:

SÁBADO 10 DE SEPTIEMBRE.

PARTIDO: S. D. COMPOSTELA – CORUXO F. C.

CAMPO: AS CANCELAS.

HORA PARTIDO: 18:00.

XUVENIL B:

SÁBADO 10 DE SEPTIEMBRE.

PARTIDO: SÁLVORA C. F. – S. D. COMPOSTELA.

CAMPO: ANEXO A FIEITEIRA.

HORA DE PARTIDO: 17:00.

CADETE:

DOMINGO 11 DE SEPTIEMBRE.

PARTIDO: S. D. COMPOSTELA – C. D. CONXO.

CAMPO: AS CANCELAS.

HORA DE PARTIDO: 11:00.

INFANTIL A:

SÁBADO 10 DE SEPTIEMBRE.

PARTIDO: S. D. COMPOSTELA – S. D. VALIÑO CABO DE CRUZ.

CAMPO: AS CANCELAS.

HORA DE PARTIDO: 11:00.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 UN ENCONTRO PARA SACAR ENTRE TODOS!!!🙌 ESTE DOMINGO, TODOS AO VERO BOQUETE!!!🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 10.12.23⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete📦 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 𝐎 𝐏𝐚𝐧 𝐝𝐞 𝐋𝐞𝐢𝐬 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/6566fd34cb3f3943395285#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚽️ Comeza unha nova semana con cinco adestramentos previstos! Centrados xa no seguinte reto na casa!!!⚒️ Este domingo, todos xuntos, sacaremos adiante o encontro!!!#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤝 Grazas afección Sempre nas boas, sempre nas malas 🩵🤍#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚Pontevedra CF3️⃣-0️⃣COMPOS 🩵🤍#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 🩵🤍#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.