Un rival polo playoff, visita San Lázaro

10 de Setembro de 2016

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://www.youtube.com/watch?v=0bn9iz1Txqs” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Yago Iglesias: “O Alondras é un equipo de toque, pero que tamén sabe xogar ao espazo pola xente que ten arriba”

Santiago de Compostela, a 10 de septiembre de 2016.

A repetir vitoria en casa. O Compos recibirá este domingo en San Lázaro a un dos galos da categoría, un Alondras moi reforzado e invicto na tempada, contra o que esperan repetir o triunfo logrado hai dúas semanas contra o Ribadumia.

Os dous partidos sumando permitiron á SD traballar con máis tranquilidade, sabendo que este é o camiño a seguir. “Hai dúas semanas gañar na casa e seguir puntuando a semana pasada nun campo como o da Illa, provocou que a xente quedase con moitas ganas de volver xogar en casa”, comenta Yago Iglesias na previa.

Se se mantén esa media inglesa de gañar na casa e puntuar fora, o equipo estará nos postos altos, polo que Yago teno claro. “Calquera equipo na súa casa ten que ser moi forte e nós máis. Somos uns privilexiados. Temos unhas instalacións de primeiro nivel e ademais o terreo de xogo, por céspede e tamaño, adáptase perfectamente ao noso estilo”.

Para esta cuarta xornada ligueira, o equipo que visitará as instalacións santiaguesas será o Alondras. O conxunto do Morrazo chega a San Lázaro cuarto na clasificación con sete puntos, despois das súas vitorias en casa contra dous recentemente ascendidos, o Castro e o Dubra, e o seu empate nas Pontes.

Segundo Yago, “é un equipo que por tipoloxía de adestrador e xogadores tentan xogar o balón. Un conxunto valente con moita calidade. De medio campo para arriba moi rápidos e para atrás con xente moi veterana”.

O obxectivo do seu rival, segundo o técnico riveirense, será pelexar polo playoff, xa que “mantén o bo bloque que tiña o ano pasado e ademais reforzouse moi ben, con xogadores de superior categoría”.

En conxunto forman “un equipo de toque, pero que tamén sabe xogar ao espazo”, un estilo no que destacan tres xogadores Tubo, Jonny e Mauro. “Son moi rápidos e moi fortes. Van xerar moitos problemas nun campo como este”, di o adestrador da SD. Precisamente, controlar este aspecto será un dos obxectivos de Yago Iglesias para o enfrontamento.

Con todo, a proposta de xogo non variará polo rival que teñan enfronte. “Nós tentaremos levar a nosa idea de xogo, e despois cambiar algún aspecto para adaptarse ao rival e que non nos faga dano”, afirma.

Ese estilo futbolístico vai mellorando semana a semana, xa que o corpo técnico está a coñecer cada vez máis aos seus xogadores, mentres que estes vanse adaptando ao que propón o adestrador. “O que queremos é que o equipo semana a semana vaia mellorando. Vaia facendo as cousas dunha forma máis coherente co que lle pedimos. Somos totalmente novos e necesitamos tempo para axustarnos, pero esperamos que en tres semanas o equipo comece a estar nas mellores circunstancias”, asegura Yago Iglesias.

Contra o Alondras espera que ese xogo de toque se manteña máis tempo, polo que escollerá aos xogadores que mellor se adapten a isto e ás características do rival. Yago Iglesias escollerá entre todos os xogadores do plantel, menos Cardeñosa, que segue de baixa, para conformar os 16 xogadores que formarán parte da convocatoria e os once que sairán de inicio.

Con eles, Yago espera manter a nota positiva destas xornadas, “o seu acerto de fronte ao gol”. Se é así, que o Alondras salga sen premio de San Lázaro será menos complicado.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
♠️♣️ Este domingo, con motivo do derbi, fixémoslle entrega ao Pontevedra Club de Fútbol SAD dunha peza de acibeche en bruto🤝 Un recordo que se enmarca dentro do noso proxecto de posta en valor dos oficios tradicionais composteláns, o cal levamos a cabo en colaboración con Ourives de Compostela, Pazo de Raxoi, Deputación da Coruña e Turismo de Galicia #compospontevedra ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🚨🚨🚨 VOLVEMOS A RIAZOR!⚽️ O derbi contra a Real Club Deportivo de La Coruña Fabril deste sábado ás 20.00 horas será no Estadio Municipal de RiazorTeremos á venta as entradas para a zona visitante (Tribuna Inferior) na Oficina mañá e pasado (de 9.00 a 15.00)👉Prezo: 10€ +ℹ️🎟️ As entradas tamén se poderán mercar no despacho de billetes de Riazor o propio sábado e ao mesmo prezo👉 Porén, serán para outras zonas da bancada#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ Un novo derbi para buscar a primeira vitoria da tempada!X3 🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril 🏟️ Abegondo🗓️ Sábado 14/09🕖 20.00 horas💪 Todos a Abegondo!#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Os nosos comezan esta tarde a semana de traballo para o seguinte derbi⚽️ Catro sesións para preparar a visita a Abegondo para medirse ao Real Club Deportivo de La Coruña Fabril #fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Bos días 🌅Manu Rivas 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.